Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de novembro de 2018

    Xa está publicada no Portal da Lingua Galega e no Portal Educativo unha nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de novembro de 2018

    O alumnado dunha escola pública de Brasilandia, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur, creou un dicionario ilustrado de dúas linguas indíxenas: o ofaié e o guaraní.

    Fonte: EBC

    14 de novembro de 2018

    Segundo a enquisa territorial TIC nos fogares, un 72 % das persoas usuarias de mensaxería móbil emprega o catalán, unha porcentaxe que se eleva ata case o 83 % no caso da xente nova de 16 a 24 anos. Tamén se incrementa canto maior é o nivel de estudos, pois a utilización desta lingua supera o 90 % no caso de licenciadas/os e diplomadas/os.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de novembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos XXVIII Premios San Martiño de Normalización ao escritor Manuel Pereira Valcárcel, na modalidade A Estrada e Comarca de Terra de Montes; á cantora Uxía, na modalidade Galicia Enteira, e ao profesor Xosé María Lema Suárez, na de Toda unha vida.

    13 de novembro de 2018

    Segundo datos do novo censo realizado na India, entre 2001 e 2011, o hindi rexistrou un impresionante incremento no seu número de falantes totais. O aumento nestes anos foi de máis de 100 millóns de persoas.

    Fonte: Language Magazine

    13 de novembro de 2018

    Nova Zelandia decidiu rebaixarlle os requisitos ao profesorado de lingua inglesa que decida traballar no país insular. A partir de agora, os candidatos e candidatas cuxa lingua materna non sexa o inglés terán máis facilidades para demostrar as súas competencias lingüísticas.

    Fonte: Stuff

    13 de novembro de 2018

    Diari de la llengua. El diari del català é un novo medio dixital, dirixido polo xornalista Raül G. Aranzueque, dedicado á lingua catalá, que ofrece reportaxes sobre temas relacionados tanto co catalán como con outras linguas, así como entrevistas a persoas relevantes neste ámbito.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de novembro de 2018

    A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o xulgado do penal número 2 de Lugo incumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, xa que se nega a notificar unha sentenza en galego a un cidadán que así o solicitou en dúas ocasións.

    Fonte: Sermos Galiza

    13 de novembro de 2018

    Ambas as institucións asinaron un protocolo de colaboración que permitirá, entre outras cousas, que as persoas cegas e con discapacidade visual dispoñan dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios para se expresar oralmente e por escrito en galego.

    13 de novembro de 2018

    Un total de 40 proxectos saíron beneficiados das axudas para actividades de fomento da lingua catalá que convoca o Goberno balear, cifra que supón un incremento do 29 % con respecto a 2017, cando de subvencionaron 31.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder