Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de novembro de 2018

    Un acordo entre o Goberno dos Países Baixos e as provincias de Groningen, Twente, Overijssel, Gelderland e Frisia abriría a posibilidade de protexer e recoñecer o idioma baixosaxón, seriamente ameazado.

    Fonte: Nationalia

    07 de novembro de 2018

    Un xornalista da BBC crea un documental que mostra a vitalidade da música galesa e salienta a súa importancia para a promoción e proxección desta lingua falada en Gales por medio millón de persoas.

    Fonte: The Guardian

    07 de novembro de 2018

    Os colectivos Ikastolen EIkartea e AEK elaboraron unhas unidades didácticas sobre Euskaraldia co obxectivo de proporcionarlles máis información sobre esta iniciativa aos estudantes de ambas as organizacións. Pola súa banda, o colectivo Irrien Lagunak publicou un número especial da revista Irria dedicado á práctica social que se desenvolverá entre o 23 de novembro e o 3 de decembro.

    Fonte: eitb

    07 de novembro de 2018

    O Dicionario da Real Academia Galega define o neoloxismo apoderamento (do inglés empowerment), que irrompeu no noso vocabulario cotián desde o feminismo, como "proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais".

    07 de novembro de 2018

    O Galizionario, versión galega do Wiktionary, conta con máis de 53 000 entradas ata o momento, unha cifra que se pretende ampliar cun maratón de creación de contidos que se celebrará o 16 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de novembro de 2018

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 6 de novembro publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes.

    Fonte: CTNL

    07 de novembro de 2018

    A moción, presentada por Podemos, propón que todos os españois poidan coñecer as linguas cooficiais (catalán, galego e éuscaro) nas comunidades autónomas nas que o castelán é a única lingua oficial.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de novembro de 2018

    Focus, o navegador privado de Mozilla para Android, xa conta con tradución completa ao galego, grazas ao labor da Oficina de Software Libre das universidades galegas, co que se converte nunha das 67 linguas en acadar este fito. Isto significa que xa se pode escoller o galego como idioma da interface nos axustes de Focus.

    Fonte: Código Cero

    06 de novembro de 2018

    O departamento francés do Loira Atlántico non rexistrou novas escolas de ensino bilingüe bretón-francés este ano. Pola contra, a rexión de Rennes, na Bretaña, rexistra un dos mellores anos no que respecta á apertura de unidades escolares bilingües.

    Fonte: 7Seizh

     

    06 de novembro de 2018

    Co Día Mundial da Lingua Romaní o Consello de Europa anima a todos os estados europeos a realizar esforzos para protexer, promover e recoñecer a lingua romaní nos seus territorios.

    Fonte: Council of Europe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder