Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de novembro de 2017

    Un informe de expertos do British Council alerta da urxente necesidade de promover o ensino de linguas modernas no Reino Unido dado que o Brexit podería erosionar aínda máis a xa de por si escasa capacidade lingüística dos escolares británicos.

    Fonte: Tes

    14 de novembro de 2017

    Un grupo de expertos en educación de Luxemburgo defende que as últimas reformas introducidas no ensino poderían pór en risco a situación privilexiada do Gran Ducado no que respecta ao dominio das linguas estranxeiras.

    Fonte: Delano

    14 de novembro de 2017

    O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, é un dos candidatos ao Premio do Público Culturgal 2017, xunto co Festival Play-Doc de Tui e o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo.

    Fonte: Portal das Palabras

    14 de novembro de 2017

    O TERMCAT participará no Simposio Internacional sobre Terminoloxía e Tradución de Bucarest, que organiza a Universidade da capital romanesa co apoio da Asociación Europea da Terminoloxía e da Axencia Universitaria da Francofonía. En concreto, o TERMCAT intervirá para presentar a súa actividade como centro de terminoloxía.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de novembro de 2017

    Patricia Macià, concelleira de Promoción Lingüística do Concello de Elxe, presentou o programa "Voluntariado polo Valenciano", que impulsa a Escola Valenciana xunto ao Concello para promover o uso da lingua valenciana nas conversacións.

    Fonte: elperiodic.com

    14 de novembro de 2017

    O bUSCatermos, unha base de datos en liña de terminoloxía técnica posta en marcha pola Universidade de Santiago, celebra cinco anos en aberto e os seus responsables fan balance das melloras no servizo, como o incremento de contidos ou a posibilidade de consulta desde dispositivos Android ou iOS.

    Fonte: Código Cero

    14 de novembro de 2017

    A obra Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual, elaborada polo Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega, recompila investigacións sobre o cambio lingüístico elaboradas desde unha perspectiva multidisciplinar.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de novembro de 2017

    A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a aseguradora Génesis se negou a facilitarlle a un cliente a póliza en lingua galega, aínda que si lle ofreceron facela en español ou en inglés.

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de novembro de 2017

    Victoria Wanihadie, profesora do estado canadense de Alberta, está loitando contra o reloxo para salvar a lingua beaver que está a piques de desaparecer.

    Fonte: CBC

    13 de novembro de 2017

    Un grupo de educadores angolanos creou a aplicación Alfabantu que lle permitirá ao público infantil aprender e afianzar o kimbundu, unha das linguas nacionais de Angola.

    Fonte: Tecnologia IG

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder