O Proxecto Toponimia Galega pretende rescatar dous millóns de topónimos nun territorio, o galego, que concentra a metade das entidades de poboación de toda España. Na actualidade existe un nomenclátor, sancionado pola Xunta, que recolle case 41 500 nomes de lugar (toponimia maior) e que se completará agora coa recollida de microtoponimia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A creación dunha Comisión da Lingua Galesa será unha das novas medidas que introducirá o Goberno do País de Gales para acadar o reto do millón de falantes para 2050.
Fonte: Wrexham
Un programa da BBC que lles preguntaba aos espectadores se o galés era un problema para o País de Gales levanta polémica entre os falantes e defensores da lingua galesa.
Fonte: Daily Post
A iniciativa "Territorio Xogantín", na que xa participaron ducias de nenos e nenas, ten un dobre obxectivo: axudar a que os máis pequenos socialicen en galego e ofrecer unha alternativa de lecer para os que fican en Compostela no mes de agosto.
O 60% dos 8000 axentes da Ertzaintza non ten competencia ningunha en lingua vasca. Do restante 40%, só 360 dispoñen dun nivel equivalente ao EGA, mentres que os demais amosan un nivel inferior.
Fonte: GARA
O Goberno de Aragón impulsou dous concursos de literatura en aragonés, que están relacionados coa creación dunha obra en lingua aragonesa ou ben coa tradución de calquera obra ao aragonés. O premio é de 3000 euros e a posible publicación da creación literaria polo Goberno de Aragón.
Fonte: Heraldo
Segundo a Enquisa de usos lingüísticos nas illas Baleares 2014, que realizou o Goberno balear, Ibiza e Formentera son as illas onde a lingua catalá ten menos presenza.
Fonte: Diario de Ibiza
Ao redor duns setenta alumnos chegados recentemente a dúas escolas de Mataró acoden durante este verán a clases de reforzo de lingua catalá e lingua castelá, grazas á Fundación Didáctica Cataluña. O propósito das clases é facilitar a integración do alumnado e que non esquezan os conceptos aprendidos durante o curso escolar.
Fonte: El Periódico
As localidades de Canet d'En Berenguer e Estivella uníronse ao Plan de normalización lingüística da Deputación de Valencia. Estes concellos solicitaron participar no programa 2017, que está orientado aos municipios que non teñen oficina de promoción da lingua valenciana e que nunca recibiron este tipo de axuda lingüística.
Fonte: Levante-EMV
O Goberno do País Vasco, a través do Instituto para a Alfabetización e Reeuskaldunización de Adultos, dedicará 19,5 millóns de euros para subvencionar aos euskaltegis privados no vindeiro curso, o que constitúe un 6 % máis que no ano anterior.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín
