Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de agosto de 2017

    En Francia, existe unha centena de variedades de linguas rexionais de procedencia románica e xermánica, que agora aparecen recollidas nun mapa interactivo realizado por un equipo de investigación.

    Fonte: France Info

    14 de agosto de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no X Festival de Artes Escénicas de Riós, que tivo lugar na localidade ourensá.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de agosto de 2017

    O concurso mundial de tradución chinés-portugués é unha iniciativa que pretende impulsar o intercambio de técnicas de tradución das dúas linguas entre estudantes de ensino superior.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    11 de agosto de 2017

    Un total de 1465 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na sétima edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    11 de agosto de 2017

    Segundo os datos do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, a lingua zoque-ayapaneco atópase entre as 10 variantes lingüísticas que están en moi alto risco de desaparición en México.

    Fuente: 20minutos

    11 de agosto de 2017

    Blas Jaime, xubilado arxentino de 71 anos, é a única persoa do mundo que fala o chaná, unha lingua indíxena que se daba por desaparecida hai xa máis de 100 anos e que el aprendeu da súa nai.

    Fonte: RT

    11 de agosto de 2017

    O Xulgado do Contencioso Administrativo n.º 8 de Valencia rexeitou a suspensión cautelar da Consellería de Educación que lle demanda ao profesorado interino ser competente en lingua valenciana para participar na convocatoria de prazas. Deste xeito, para poder acceder ás bolsas de traballo, será necesario demostrar a capacidade para impartir clase en valenciano.

    Fonte: Levante-EMV

    10 de agosto de 2017

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira pon en marcha o programa “Ole que arrecende, sabe que esmecha!”, unha iniciativa coa que pretende impulsar o uso do galego no sector hostaleiro.

    Fonte: Diario de Ferrol

    10 de agosto de 2017

    A asociación Banaiz Bagara convocou novos cursos de Éuscaro Plus na comarca de Tolosaldea para adquirir competencias lingüísticas os sectores da hostalería, comercio, coidado de persoas maiores e industria. Os cursos son de balde e permitirán aprender vocabulario útil para a vida laboral.

    Fonte: El Diario Vasco

    10 de agosto de 2017

    A Concellería de Política Lingüística de Paterna ofrecerá cursos de lingua valenciana para as persoas traballadoras do consistorio co obxectivo de fomentar o seu uso no concello.

    Fonte: Paterna Ahora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder