O Goberno do estado australiano de Vitoria aprobou unha partida orzamentaria de 21,8 millóns de dólares para promocionar os servizos de tradución e interpretación e facer fronte así ás necesidades das comunidades locais.
Fonte: Neos Cosmos
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno do estado australiano de Vitoria aprobou unha partida orzamentaria de 21,8 millóns de dólares para promocionar os servizos de tradución e interpretación e facer fronte así ás necesidades das comunidades locais.
Fonte: Neos Cosmos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou no Parlamento o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2017-2020 como a principal acción que o seu departamento ten previsto desenvolver no futuro máis próximo para fomentar o uso da lingua propia de Galicia entre os máis novos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta impulsará o proxecto Cambio lingüístico e contacto de lingua na xuventude, unha iniciativa coa que o Goberno galego apoiará o ILG no estudo dunha franxa de idade estratéxica para a promoción da nosa lingua: entre os 18 e os 25 anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Día das Redes Galegas – Social Media Day 2017 conmemorou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo (UVigo) as Letras Galegas e Internet con motivo do 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa está en marcha a segunda edición do Encontro Regueifesta de Improvisación Oral en Verso, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo, onde participou co alumnado e o profesorado do centro na celebración do Día Carlos Casares, no que foi o encargado de clausurar a xornada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Cabo Verde anunciou que introducirá o chinés mandarín no ensino público do país africano. A iniciativa é froito dun acordo de colaboración entre o Ministerio de Educación e o Instituto Confucio da Universidade de Cabo Verde.
Fonte: e-Global
Facebook anunciou que está traballando nunha nova ferramenta para traducir en tempo real os contidos da súa rede social por medio dunha nova tecnoloxía que se coñece co nome de redes neuronais convolutivas (CNN, polas súas siglas en inglés).
Fonte: Engadget
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o expositor de Galicia na 43ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo deste 17 de maio, Carlos Casares, chegará aos fogares galegos na bolsa da compra de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín