Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A falta de apoio en linguas indíxenas no só afecta a área migratoria, segundo denuncian, senón que outras áreas como a educación, a sanidade ou a xustiza carecen de intérpretes que poidan atender as persoas no seu idioma de orixe.
Fonte: W Radio
Segundo un informe de 2016 realizado por un organismo canadense, o francés retrocede no Quebec. Así, se en 2011 o 79,7 % da poboación tiña o francés como lingua materna, en 2016 a porcentaxe descendeu ata o 78,4 %.
Fonte: Le Figaro
Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o próximo curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia comezará, para promover o uso da lingua valenciana, o Plan de normalización lingüística en dez novas localidades que non contan con persoal técnico no eido lingüístico.
Fonte: Valencia Extra
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, a Sociedade Mexicana de Física e a Biblioteca de Investigación Juan de Córdova organizaron un obradoiro de tradución co obxectivo de xerar textos de divulgación científica en dez linguas dos estados de Oaxaca, Guerrero e Chiapas.
Fonte: Inali
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes das illas Baleares publicou novas axudas para promover o catalán na prensa local e especializada, que contribuirán a reforzar o espazo de comunicación que se expresa en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
A lexislación deste país obriga a que o nivel de coñecemento do idioma estatal por parte das persoas que optan a ocupar a presidencia debe ser superior á media nas capacidades de comunicación.
Fonte: Sputnik
A Real Academia Española creará unha academia dedicada ao estudo e a preservación do idioma xudeu-español, coñecido como ladino, falado na península ibérica no momento da expulsión española dos xudeus en 1492.
Fonte: Iton Gadol
A lingua propia de Galicia reforza a súa proxección internacional, e faino desta volta a través de dúas novas publicacións en xaponés que chegan da man do lingüista Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku, considerado o embaixador do galego máis famoso do país nipón. Trátase da Nova gramática galega e da edición bilingüe galego-xaponés da primeira parte de Os Eidos, de Uxío Novoneyra.
Subscríbase ao boletín