A lexislación deste país obriga a que o nivel de coñecemento do idioma estatal por parte das persoas que optan a ocupar a presidencia debe ser superior á media nas capacidades de comunicación.
Fonte: Sputnik
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A lexislación deste país obriga a que o nivel de coñecemento do idioma estatal por parte das persoas que optan a ocupar a presidencia debe ser superior á media nas capacidades de comunicación.
Fonte: Sputnik
A Real Academia Española creará unha academia dedicada ao estudo e a preservación do idioma xudeu-español, coñecido como ladino, falado na península ibérica no momento da expulsión española dos xudeus en 1492.
Fonte: Iton Gadol
A lingua propia de Galicia reforza a súa proxección internacional, e faino desta volta a través de dúas novas publicacións en xaponés que chegan da man do lingüista Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku, considerado o embaixador do galego máis famoso do país nipón. Trátase da Nova gramática galega e da edición bilingüe galego-xaponés da primeira parte de Os Eidos, de Uxío Novoneyra.
O programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’ levará durante o mes de agosto as súas propostas a sete novas estadías en campamentos de titularidade da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Tras varias reunións con representantes do Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña para coñecer o programa do Voluntariado pola Lingua, o Goberno de Gales empregará unha estratexia semellante para a planificación do seu programa "Gales 2050: 1 millón de falantes de galés", que busca aumentar o número de falantes deste idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Esquerda Unida de Asturias apoiou a solicitude realizada pola Academia da Lingua Asturiana para que o asturiano teña unha maior presenza na Radiotelevisión do Principado.
Fonte: Asturies.com
Un estudo realizado polo British Council revelou que o 46 % dos turistas británicos sentiu vergoña por non poder comunicarse na lingua do país onde pasan as súas vacacións. Ademais, un 45 % dos entrevistados confesou que dá por feito que os cidadáns do país de visita saben falar inglés.
Fonte: ITV
Unha descendente directa do pobo inca, a doutoranda Carmen Escalante, converteuse na primeira investigadora en defender a súa tese doutoral en quechua.
Fonte: El País Brasil
As autoridades chinesas da rexión de Xinjiang prohibíronlle á poboación uigur, de relixión musulmá, falar a súa lingua nativa nas escolas.
Fonte: Independent
Nunha pequena aldea ao sueste da illa grega de Eubea existe unha lingua asubiada que está a piques de desaparecer: só seis persoas poden usala no seu día a día.
Fonte: Observador
Subscríbase ao boletín