O congreso Ikergazte 2017, ao que acoden 180 especialistas, ten como obxectivo impulsar a produción científica en éuscaro e o fortalecemento de redes de investigadores euscaldúns.
Fonte: EiTB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O congreso Ikergazte 2017, ao que acoden 180 especialistas, ten como obxectivo impulsar a produción científica en éuscaro e o fortalecemento de redes de investigadores euscaldúns.
Fonte: EiTB
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o plan de dinamización da lingua na xuventude para promover o uso do galego no eido familiar, na tecnoloxía, no lecer e nas actividades extraescolares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A enquisa de usos lingüísticos na cidade sarda de Alguer (2015) revela que máis do 77 % da poboación adulta está a favor de aprender e empregar o catalán e máis do 90 % avoga pola súa introdución, xunto co sardo, nas escolas. O estudo nace da colaboración entre o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Municipio de Alguer.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Entre as iniciativas que se presentaron para conmemorar o Día Internacional da Lingua Portuguesa destaca o vídeo Sotaques que tenta mostrar, por medio da lectura dunha pasaxe dun libro infantil de Valter Hugo Mãe, as diferentes variedades do portugués no mundo.
Fonte: El País Brasil
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, creado en 2007, reunirase por vez primeira desde o ano 2010 para analizar un informe sobre o grao de cumprimento do uso das linguas cooficiais na Administración Xeral do Estado e os seus organismos adscritos.
Fonte: Galicia Confidencial
O Consello Navarro do Éuscaro aprobou un informe favorable ao proxecto de Decreto Foral que regulará o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Un estudo da Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa, no que participaron 200 especialistas, analiza as aplicacións e as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para 31 linguas europeas, entre elas o galego.
Fonte: Praza Pública
A partida orzamentaria de 807 000 euros estará destinada a promover, desenvolver e normalizar a utilización do éuscaro no contorno dixital. O Goberno convocará axudas para financiar proxectos novos en éuscaro así como proxectos que xa estaban en marcha.
Fonte: Gobierno Vasco
O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores concedeulle o galardón á médica Iria Veiga Ramos polo seu traballo "Inchazón". A gañadora recibirá 1250 euros e a publicación do artigo en varios medios de comunicación galegos.
Fonte: Galicia Hoxe
O obxectivo desta proposta é fomentar o uso do galego nas lápidas dos cemiterios, nun concello onde o emprego desta lingua é moi elevado, o que non se corresponde coa súa escasa presenza nos camposantos.
Fonte: La Voz de Galicia
Subscríbase ao boletín