Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xullo de 2017

    Despois de que un representante do Parlamento ruso lle suxerise ao Goberno de Armenia converter o ruso en lingua oficial, o país do Cáucaso informou, en palabras do director do Comité de Asuntos Exteriores da República de Armenia, Armen Ashotyan, de que a política lingüística actual non vai cambiar.

    Fonte: Language Magazine

    28 de xullo de 2017

    O thriller Dhogs, unha longametraxe do lucense Andrés Goteira, competirá no Festival de Cine Fantástico de Sitges e converterase así no primeiro filme en galego que se exhibe neste festival.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de xullo de 2017

    Por segundo ano consecutivo o Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o programa "A rúa é nosa! Territorio Xogantín", unha iniciativa que ten como obxectivos axudar a que os nenos e nenas socialicen en galego e que esta lingua se converta en referente no espazo lúdico.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    28 de xullo de 2017

    A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana determinou a nulidade parcial do Decreto 9/2017 sobre plurilingüismo, pois entende que discrimina o alumnado que opta pola ensinanza en lingua castelá.

    Fonte: La Gaceta

    28 de xullo de 2017

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana contactou con Carmen Moriyón, alcaldesa de Xixón, e Adrián Barbón, candidato á secretaría xeral da Federación Socialista Asturiana e alcalde de Llaviana, para buscar apoios ao "Proxecto 2018 pola Oficialidade", que pretende reformar o Estatuto de Autonomía para recoñecer a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano.

    Fonte: Asturies.com

    27 de xullo de 2017

    Plataforma pola Lingua e o RCD Espanyol uníronse para promover o uso do catalán como lingua vehicular por parte de adestradores e futbolistas do club.

    Fonte: El Nacional

    27 de xullo de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade alemá de Kiel.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de xullo de 2017

    O profesor emérito Manuel Bermejo Patiño, catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá o I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego nesta institución académica.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    27 de xullo de 2017

    A familia animada máis famosa de Galicia, Os Bolechas, achégalle á cativada a obra de Carlos Casares cun novo título da colección Os Bolechas. As miñas primeiras Letras Galegas dedicado ao autor ourensán, que sae do prelo da man de Bolanda Edicións co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de xullo de 2017

    Os presidentes de Euskararen Erakunde Publikoa (EEP) e Euskaltzaindia asinaron o anexo relativo ao acordo marco para impulsar os traballos en éuscaro e favorecer a presenza da lingua na vida pública e nos eventos sociais.

    Fonte: Noticias de Álava

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder