Unha campaña liderada por unha comisión parlamentaria busca que o gaélico escocés sexa patrimonio da humanidade.
Fonte: The Scotsman
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha campaña liderada por unha comisión parlamentaria busca que o gaélico escocés sexa patrimonio da humanidade.
Fonte: The Scotsman
O Concello de Xixón publicou unha convocatoria para que asociacións culturais desenvolvesen actividades no festival "Marcu Atlánticu". A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou a súa proposta para ofrecer un relatorio sobre a reforma do Estatuto de Autonomía, que foi rexeitada porque o Concello considerou que tiña un fondo político.
Fonte: El Comercio
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- pon en marcha a segunda edición do programa Redecinema, que -tras difundir por toda Galicia o filme “Vilamor” na súa primeira edición- levará a 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística as (co)producións galegas “Maimiño”, “A praia dos afogados” e “9 ondas” en formato de cinema de verán.
O senegalés Cheikh Fayé presentou un libro en galego que relata a forma de vida dos seus compatriotas e as semellanzas e diferenzas culturais entre Senegal e Galicia.
Fonte: Praza Pública
O día do seu 95 aniversario, a Real Academia Galega réndelle a Luz Pozo unha homenaxe literaria e musical na sede da propia institución, á que se incorporou como membro correspondente en 1950 e da que é numeraria desde 1996.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola seguirán colaborando en materia de dinamización lingüística. Así o acordaron o titular deste departamento, Valentín García, e mais a xefa de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia en Galicia, María Sande, na reunión de traballo que ambos os dous mantiveron na sede herculina da embotelladora da corporación multinacional estadounidense para España, na que analizaron posibles novas vías de colaboración na promoción do uso do idioma desde o ámbito socioeconómico.
O Concello de Orozko, en Biscaia, unirase a finais do 2017 á rede UEMA, que está formada por 81 municipios vascófonos. Deste xeito, poderá ter acceso a servizos como o desenvolvemento dun plan de normalización e obradoiros.
Fonte: El Correo
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes das Illas Baleares presentou as axudas para o ano 2017 da Dirección Xeral de Política Lingüística que serán superiores ás do ano anterior nun 40%, chegando nesta convocatoria aos 785 000 euros.
Fonte: La Vanguardia
O presidente da Real Academia Galega reuniuse co presidente e vicepresidenta da Deputación da Coruña para pór en común distintas liñas de colaboración que garantan e aceiren o futuro da lingua e a cultura galegas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do XIII Curso de verán sobre dinamización lingüística no que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña, o Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín