Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xullo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación compostelá da campaña a prol dun consumo responsable e solidario impulsada polo Foro Enrique Peinador e pola Irgade coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de xullo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou xunto co director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e director do proxecto de investigación CoToVía, Manuel González, a versión definitiva do sintetizador de voz homónimo, unha ferramenta informática que permite a conversión dun texto escrito en galego nunha cadea oral.

    14 de xullo de 2017

    O presidente da Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués), Rui Martins, declarou que nos últimos anos se incrementou a importancia do portugués no continente asiático e defendeu que co domino desta lingua se abren novas oportunidades de futuro.

    Fonte: Diário de Notícias

    14 de xullo de 2017

    Os csangos da rexión romanesa de Moldavia constitúen unha comunidade lingüística propia cuxa lingua garda certas similitudes co húngaro. A falta de protección deste idioma e o inexistente apoio por parte das autoridades está levando aos seus falantes a adoptar o romanés como lingua vehicular.

    Fonte: The New European

    14 de xullo de 2017

    O uso do éuscaro nos territorios vascófonos reduciuse do 13,7 % ao 12,6% nos últimos 10 anos. En concreto, baixou un 8,8 % en Biscaia, un 31,1 % en Guipúscoa e un 5,3 % no País Vasco francés. Doutra banda, aumentou un 4,6 % en Áraba e un 6,7 % en Navarra.

    Fonte: EiTB

    14 de xullo de 2017

    O Goberno de Cataluña desenvolverá os "Obradoiros de lingua e socialización de familias no eido educativo", que é un proxecto que ten entre outros obxectivos o de fomentar e mellorar o uso do catalán dos pais e nais de alumnado estranxeiro ou que acaba de chegar á Comunidade e o de comprometer as familias no seguimento dos seus fillos e fillas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de xullo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro de relatos Os papeis do vello mariñeiro de Xosé Neira Vilas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de xullo de 2017

    Uxía Senlle e Sérgio Tannus ofreceron unha charla-concerto sobre tradición musical galega ao alumnado que asiste aos cursos "Galego sen fronteiras' organizados pola Universidade de Santiago de Compostela, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    13 de xullo de 2017

    O grupo de investigadoras e investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (BITRAGA) presentou un volume colectivo de máis de 350 páxinas no que se fai un pormenorizado retrato do sector da tradución literaria en España e revela que as literaturas das comunidades con lingua propia (Cataluña, Galicia e País Vasco) comezan a espertar interese no exterior.

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de xullo de 2017

    A Universidade de Santiago de Compostela está a piques de pechar o prazo para a presentación de candidaturas ao primeiro premio Luís Porteiro Garea de promoción e uso do galego.

    Fonte: Xornal da USC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder