Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2017

    A Oficina de Formación de Persoal de Nivel Superior (CAPES, polas súas siglas en portugués) do Ministerio de Educación do Brasil ofrece un programa que ten como obxectivo a capacitación profesional de profesores de lingua inglesa nos EUA.

    Fonte: 24 horas News

    07 de xullo de 2017

    O Concello de Wrexham, no País de Gales, está realizando un estudo do uso do galés nas empresas locais co obxectivo de poder ofrecer formación e asesoramiento sobre o uso desta lingua.

    Fonte: Wrexham

    07 de xullo de 2017

    O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá un ano máis a Feira das Industrias Culturais (Culturgal). Nesta décima edición, Portugal participará como país convidado.

    Fonte: Praza Pública

    07 de xullo de 2017

    A Cámara Federal do Brasil aprobou un proxecto de lei que garante a contratación de intérpretes de lingua brasileira de signos nos órganos dependentes da administración pública.

    Fonte: Felipe Vieira

    07 de xullo de 2017

    O Goberno do País de Gales está estudando reforzar as medidas de protección e promoción da lingua galesa co obxectivo de acadar o millón de falantes en 2050. Ao abeiro destas medidas, as empresas privadas poderían estar obrigadas a ofrecer servizos en galés.

    Fonte: BBC

    07 de xullo de 2017

    A agrupación berbalagun do Concello de Bakio impulsou unha campaña para promover o uso do éuscaro durante o verán. Esta iniciativa, denominada "Faite Berbalagun en verán!", tamén busca captar novos membros para o grupo.

    Fonte: El Correo

    07 de xullo de 2017

    A marca catalá de comida saudable Cuinara obtivo o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial. Esta marca pertence ao grupo de entidades de economía social Àuria, que conta cunhas 700 persoas traballadoras.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de xullo de 2017

    O último filme de Ignacio Vilar poderá verse na Rapa das Bestas de Sabucedo, no mesmo curro onde se iniciou a súa gravación, tal e como anunciaron o secretario xeral Valentín García e o alcalde da Estrada, José López.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o Plan anual de formación do profesorado para o curso 2017/18 que, ao igual que o anterior, seguirase estruturando en base ao Marco de competencias profesionais docentes. Ademais, introduce unha serie de novidades vinculadas aos novos programas educativos ata 2020.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xullo de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Repsol renovan un ano máis o seu acordo de colaboración para convocar o Premio de Narrativa Breve 2017.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder