O servizo de correos de Italia, Poste Italiane, abriu o primeiro posto de atención en lingua de signos nunha oficina da cidade véneta de Vicenza. O obxectivo é estender esta iniciativa a outros lugares do país.
Fonte: Il Mattino di Padova
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O servizo de correos de Italia, Poste Italiane, abriu o primeiro posto de atención en lingua de signos nunha oficina da cidade véneta de Vicenza. O obxectivo é estender esta iniciativa a outros lugares do país.
Fonte: Il Mattino di Padova
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nas inauguracións dos cursos de verán de galego para persoas estranxeiras que promoven, co apoio da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña (UDC) e mais a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entregouse o Premio de Fomento da Lingua de Signos Catalá nun acto no que participaron a directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, o presidente da Federación de Persoas Xordas de Cataluña, Antoni Martínez, e a subdirectora xeral de Política Lingüística, Marta Xirinachs. Este premio recoñece a persoas, entidades e iniciativas que promoven e conceden prestixio á lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os gobernos do País Vasco e Navarra e a Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde, asinaron un acordo para fomentar o uso do éuscaro nestes territorios. O convenio non recolle achegas económicas e especifica cinco ámbitos de colaboración en aspectos como a formación, fomento, avaliación e reflexión en relación coa lingua vasca.
Fonte: El Diario
Unha organización australiana sen ánimo de lucro creou un programa que permite dixitalizar contidos de texto, vídeo e audio sobre linguas indíxenas para permitir a súa preservación.
Fonte: ABC
As cidades máis importantes de Australia comezaron as celebracións para conmemorar a cultura dos aborixes australianos e dos pobos orixinarios do estreito de Torres.
Fonte: Xinhua
Segundo o profesor Theo Vennemann, o topónimo A Coruña procede do termo fenicio Karn, que significa corno.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi investido como xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto, ao igual que Alejandro Rubín e a Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publicáronse no Boletín Oficial do Principado de Asturias as convocatorias de subvencións para a normalización do asturiano e do galego-asturiano para medios de comunicación, produción editorial e discográfica. En concreto, a cantidade achegada pola Consellería de Educación e Cultura é de 200 000 euros.
Fonte: Asturies.com
O Tribunal Constitucional debaterá catro sentenzas vinculadas ao uso da lingua catalá. En concreto, tratarase a Lei do cine, o Código de Consumo, a lei de acollida de persoas inmigrantes e o recurso sobre a Lei audiovisual de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín