A Universidade de Vigo organiza unha serie de cursos que teñen como obxectivo mellorar a redacción, ampliar vocabulario e actualizar os coñecementos sobre a lingua galega.
Fonte: Universidade de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Vigo organiza unha serie de cursos que teñen como obxectivo mellorar a redacción, ampliar vocabulario e actualizar os coñecementos sobre a lingua galega.
Fonte: Universidade de Vigo
A normalización lingüística do éuscaro segue a progresar. Neste caso, deuse un paso adiante nun eido esencial para o avance de calquera comunidade moderna, xa que se incluíu o éuscaro no buscador europeo Qwant. Este feito reafirma o labor levado a cabo por diversas entidades e asociacións e achega un novo acceso ao mundo dixital para a cultura vascófona.
Fonte: Noticias de Álava
A ministra de Cultura de Angola, Carolina Cerqueira, anunciou que o goberno angolano vai promover o ensino e uso das linguas nacionais e realizar estudos sobre a variante do portugués falada no país africano.
Fonte: Diário de Notícias
O dominio .eus abriuse paso no eido dixital vascófono. En 2016, rexistráronse 6302 nomes, o que levou a acadar os obxectivos propostos. Esta cantidade (tendo en conta que no País Vasco hai 230 000 nomes de dominios e 18 317 páxinas con contidos en éuscaro) constitúe un importante logro.
Fonte: Noticias de Álava
O Goberno de Aragón dedicará un 70% máis do seu orzamento para promover a lingua aragonesa e catalá de Aragón nas escolas. En concreto, o programa "O aragonés na aula" sumarase aos programas Luzia Dueso e Jesús Moncada, relacionados co aragonés e o catalán, respectivamente.
Fonte: El Diario
As probas de lingua inglesa que se realizan no Reino Unido para acceder ao Servizo Nacional de Saúde están supondo un obstáculo para moitos profesionais médicos estranxeiros, incluídos os australianos e outros falantes nativos de inglés.
Fonte: The Guardian
Dous gardas civís presentaron tres denuncias contra o Concello, unha por cada indicación, por considerar que se incumpre a Lei de tráfico ao non figurar o español. Trátase, ademais, de indicacións de dirección prohibida colocadas hai máis de dez anos.
Fonte: Praza Pública
O Concello de Vigo presenta unha nova edición do programa “No verán… un conto”, dirixido ao público infantil, familiar e adulto, que inclúe contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música etc. para fomentar o uso do galego nas actividades de lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Guipúscoa manifestou que apelará a resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco que deixa sen efecto cinco artigos do Plan de normalización do uso do éuscaro (2013-2017) no ámbito de actuación da entidade foral e dos seus organismos autónomos.
Fonte: eitb.eus
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolle na súa sede do compostelán Pazo de San Roque o curso ‘Afonso X, o Sabio: cronista e protagonista do seu tempo’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín