O ensino da lingua sarda entra por primeira vez nas aulas universitarias de Italia. A Universidade de Cagliari imparte un curso de lingua e cultura sarda de 60 horas.
Fonte: LiveUniCT
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ensino da lingua sarda entra por primeira vez nas aulas universitarias de Italia. A Universidade de Cagliari imparte un curso de lingua e cultura sarda de 60 horas.
Fonte: LiveUniCT
Os defensores do gaélico en Escocia manifestaron o seu descontento despois de que o Museo Nacional de Escocia presentase unha exposición completamente en inglés sobre os levantamentos xacobitas.
Fonte: The Scotsman
A capital do Nepal, Katmandú, ofrecerá servizos de atención en newari ou nepal bhasa, unha das principias linguas que se falan na cidade.
Fonte: Kathmandu Post
Un acordo asinado polo Departamento de Educación de Filipinas e a Embaixada da República de Corea permitirá que escolas de educación secundaria poidan impartir coreano por medio dun proxecto piloto especializado no ensino de linguas estranxeiras.
Fonte: Manila Bulletin
Un estudo realizado polo sitio de busca de emprego Adzuna revelou que o xaponés, o chinés e o francés son as linguas que dan acceso a mellores condicións salariais no Reino Unido.
Fonte: Mirror
A comisaria de linguas oficiais da provincia canadense de Novo Brunswick, Katherine d'Entremont, defendeu a necesidade de que máis funcionarios públicos sexan bilingües en inglés e francés.
Fonte: CBC
A Universidade Pompeu Fabra presentou un curso formativo de docencia en lingua de signos catalá, que terá lugar durante o curso académico 2017-2018. O curso está dirixido a profesores en activo ou en formación e achegará contidos que afonden en competencias de análise lingüística.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O éuscaro deu un paso adiante en Navarra grazas á reforma da Lei do éuscaro realizada polo Parlamento. Con ela, incluíronse 44 municipios na chamada 'zona mixta', o que non recoñece a oficialidade plena da lingua, mais si asegura unha certa protección.
Fonte: ElNacional.cat
A Secretaría Xeral de Política Lingüística recorda que os días 26 de xuño e 6 de xullo finalizan os prazos fixados nas dúas convocatorias de prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas coas que renovará este ano 10 dos 27 lectorados cos que contan os 35 centros de estudos galegos que integran a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
O conselleiro de Economía e Cultura, Fernando Rivarés, e o voceiro do grupo municipal CHA, Carmelo Asensio, manifestaron que xa se creou a Oficina do Aragonés, que buscará, entre outras cuestións, dignificar a lingua aragonesa, recoñecer o idioma como elemento da riqueza cultural de Zaragoza ou favorecer o seu uso escrito e oral tanto no ámbito público como privado.
Fonte: Ayuntamiento de Zaragoza
Subscríbase ao boletín