Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xuño de 2017

    O Banato é unha rexión histórica do sueste de Europa que está dividida actualmente en tres países: Romanía, Serbia e Hungría. No Banato serbio vive aínda unha pequena comunidade de fala checa que está vendo como a súa lingua está cada vez máis ameazada.

    Fonte: Radio Praga

    20 de xuño de 2017

    A Deputación Foral de Biscaia e a Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) chegaron a un acordo e asinaron un convenio que apoiará o proxecto 'Euskararen Txantxangorria', que ten o obxectivo de fomentar o uso do éuscaro na maior competición de remo en banco fixo, a Eusko Label Liga.

    Fonte: ABC Agencias

    20 de xuño de 2017

    A Asociación Cultural Adro de Baio convoca os II Premios Fouciño de pezas audiovisuais curtas que serán de temática libre e en galego (ou con subtítulos en galego), e susceptibles de publicarse baixo licenza Creative Commons.

    Fonte: Código Cero

    20 de xuño de 2017

    O Goberno de Navarra e Euskaltzaindia veñen de renovar o convenio de colaboración para realizar diversos proxectos culturais durante este ano 2017. Neste acordo recóllense as bases da colaboración e os compromisos que asumen ambas as dúas institucións.

    Fonte: 20minutos

    20 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña a entrega do III premio Inventa en Galego que promove Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O galardón recaeu este ano na aplicación “BiciCoruña”, elaborada por alumnado de segundo de bacharelato do dito centro educativo baixo a dirección da profesora Paz Freire Campo.

    19 de xuño de 2017

    Este proxecto ten como finalidade proporcionarlles aos investigadores, docentes e persoas interesadas recursos para a investigación lingüística e a formación.

    Fonte: El Periódico

    19 de xuño de 2017

    A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2018 a María Victoria Moreno Márquez, a cuarta muller na historia que recibe este recoñecemento, e traballa xa na organización dunha homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán á mestra e escritora o vindeiro ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de xuño de 2017

    Artistas do eido musical de Asturias reuníronse, por vixésimo noveno ano consecutivo, para reivindicar os dereitos lingüísticos da cidadanía asturiana. En concreto, organizáronse xogos para nenos e nenas, presentouse o cantar de 'Reciella. Families pol Asturianu' e celebrouse o XXIX Concerto pola Oficialidade.

    Fonte: Asturies.com

    19 de xuño de 2017

    Un estudo internacional realizado por unha plataforma mundial de reservas hoteleiras revela que un de cada seis adultos brasileiros (o 16 %) non viaxa polo mundo pola falta de coñecemento de linguas estranxeiras.

    Fonte: Paranashop

    19 de xuño de 2017

    O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei para reclamarlle a Google Maps que utilice a forma galega dos topónimos, posto que é esta a forma legal e oficial.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder