Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de marzo de 2017

    O Ministerio de Educación de Francia anunciou nun comunicado que aprobará a creación dun concurso público para docentes de oito linguas rexionais francesas entre as que se encontran o éuscaro, o occitano e o catalán.

    Fonte: Le Figaro

    27 de marzo de 2017

    Esta reunión de traballo dos responsables das políticas lingüísticas dos tres territorios serviu para tratar algúns temas como a presenza do catalán na documentación e as páxinas web estatais e europeas.

    Fonte: El Diario

    27 de marzo de 2017

    Entre as probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Xunta de Galicia atópase a comunicación en lingua galega, para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de marzo de 2017

    O decreto aprobado polo Goberno do arquipélago regula os requisitos de coñecemento do catalán esixibles para acceder a un posto de persoal funcionario da Administración.

    Fonte: El Periódico

    27 de marzo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística sinalou que a atracción de neofalantes, o fomento da transmisión do idioma ou a promoción do uso do galego entre a xente nova serán algúns dos piares do seu departamento para o presente exercicio.

    Fonte: Galicia Confidencial

    24 de marzo de 2017

    O Museo Nacional de Taiwán ofrecerá visitas de balde en galego xunto a outras oito linguas estranxeiras: cantonés, coreano, español, indonesio, inglés, tailandés e vietnamita.

    Fonte: Galicia Confidencial

    24 de marzo de 2017

    O Goberno metropolitano de Tokio, capital do Xapón, desenvolverá a partir de 2018 un programa de inmersión en lingua inglesa co fin de incrementar as destrezas lingüísticas da poboación máis nova para as Olimpíadas de 2020.

    Fonte: The Japan Times

    24 de marzo de 2017

    As axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega durante o ano 2017 están destinadas a entidades sen ánimo de lucro, que teñen de prazo ata o 25 de abril para presentar as súas solicitudes.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    24 de marzo de 2017

    O curso Achégate ao galego, nivel 0, está dirixido a persoas de fóra de Galicia sen coñecementos do idioma e que queren iniciarse na lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de marzo de 2017

    O Goberno do Reino Unido concederá un préstamo de 10 millóns de libras esterlinas á canle de televisión S4C para garantir a retransmisión de espazos televisivos en lingua galesa.

    Fonte: Cable

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder