Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2017

    Estes concellos, a petición propia, pasarán da “zona non vascófona” á “zona mixta”, un proceso que garantirá o dereito ao uso público do éuscaro como lingua propia aos seus máis de 33 000 habitantes.

    Fonte: Noticias de Navarra

    21 de marzo de 2017

    As axudas do Concello de Pamplona pasarán dos 65 000 a 82 500 euros, o que significa un incremento de case un 27%, e estarán destinadas a entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo proxectos de fomento do éuscaro.

    Fonte: Pamplona Actual

    21 de marzo de 2017

    A Xunta de Galicia convocou as axudas para o ano 2017 dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de marzo de 2017

    Despois de varios anos de colaboracións, a asociación Tot en Òc presenta un corrector ortográfico de occitano (de dialecto languedociano) que se poderá descargar de xeito totalmente gratuíto.

    Fonte: Jornalet

    20 de marzo de 2017

    Na súa proposta de novos estatutos, o club inclúe un punto no que se especifica que o coñecemento de éuscaro se primará na contratación de persoal e se facilitara a aprendizaxe desta lingua entre as súas traballadoras e traballadores.

    Fonte: Navarra.com

    20 de marzo de 2017

    A Mesa pola Normalización Lingüística inicia esta campaña en dúas citas deportivas, o partido entre Celta e Deportivo e o Campionato de Billarda, nas que recollerá sinaturas de apoio á iniciativa lexislativa popular de medidas que garantan os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

    Fonte: Sermos Galiza

    17 de marzo de 2017

    A empresa encargada do transporte urbano da cidade irlandesa de Belfast abriu un proceso de consulta de seis semanas para coñecer a opinión dos viaxeiros sobre se debe ou non empregar nos autobuses os nomes tradicionais en gaélico irlandés dos destinos de cada liña.

    Fonte: Belfast Telegraph

    17 de marzo de 2017

    A campaña "Mythbusting" ("Romper os mitos") quere loitar contra os falsos mitos que existen sobre a lingua irlandesa na República de Irlanda. A iniciativa consiste na publicación e difusión dunha serie de vídeos sobre os diferentes mitos. O primeiro deles ataca a falsa idea de que o irlandés é unha lingua morta.

    Fonte: Irish Times

    17 de marzo de 2017

    Un informe realizado en Irlanda do Norte aconsella que se introduza o ensino obrigatorio dunha segunda lingua diferente ao inglés no currículo da educación primaria.

    Fonte: BBC

    17 de marzo de 2017

    Un grupo de traballo da Comisión de Cultura, Comunicación, Xuventude e Deporte do Parlamento portugués reuniuse coa Asociación Nacional de Profesores de Portugués para debater e analizar a aplicación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder