Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregáronlle ao profesorado e ao alumnado do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da cidade herculina o premio na modalidade de infantil e primaria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 nun acto celebrado no propio centro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    Gregorio Ferreiro Fente, asesor docente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de resultar elixido vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), logo da votación que tivo lugar na asemblea xeral deste organismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    Iniciativa polo Asturiano demándalle ao Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias o emprego da lingua asturiana na súa campaña promocional ‘Asturiano 100%’.

    Fonte: Asturies.com

    12 de xuño de 2017

    A festa das ikastolas de Áraba comeza o 18 de xuño e con ela búscase darlles apoio aos euscaldúns e fomentar o éuscaro.

    Fonte: Noticias de Álava

    12 de xuño de 2017

    O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, participou na sinatura dun acordo de cooperación entre o Goberno do Estado de São Paulo, o Instituto Camões e a Fundación Roberto Marinho para a recuperación do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.

    Fonte: Globo

    12 de xuño de 2017

    Segundo o relatorio da Ethnologue, o 80 % das linguas de Malaisia está en perigo de desaparecer, entre elas o kristang ou lingua crioula de base portuguesa falada no estado de Malaca.

    Fonte: The Star

    12 de xuño de 2017

    A convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega nos niveis 1, 2, 3 e 4 do ano 2017 arrancou o 10 de xuño e nela había 1669 persoas matriculadas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento e REC.Curta que convocan a Consellería de Cultura e Educación e mais a Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións polas que se regula tanto o Bacharelato de excelencia en idiomas (PluriBach), como a extensión do ensino plurilingüe a Educación Infantil (Plurinfantil).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística presidiu a presentación do 17 volume dos Cadernos de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder