Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xuño de 2017

    Unha petición asinada por 128 persoas demandará que o galés deixe de ser obrigatorio para obter o certificado de educación secundaria obrigatoria en Gales.

    Fonte: South Wales Argus

    19 de xuño de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou
    en Cacabelos (León) nos actos de homenaxe ao escritor berciano Antonio Fernández Morales no bicentenario do seu nacemento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de xuño de 2017

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) rendeulle homenaxe ao profesor e investigador Anxo Tarrío Varela, con motivo da súa xubilación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xuño de 2017

    Os Clubs de Lectura, logo de dez anos da súa posta en funcionamento, estanse a afianzar nos centros educativos como unha ferramenta de mellora das competencias e destrezas do alumnado.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xuño de 2017

    O presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, quere prohibir o uso de vocábulos de orixe estranxeira na lingua turca xa que considera que esta está ameazada polas influencias occidentais.

    Fonte: The Economist

    16 de xuño de 2017

    Un estudo realizado polo British Council mostra que hai grandes diferenzas na aprendizaxe de linguas modernas por escolares de secundaria entre o norte e o sur do Reino Unido. Por exemplo, nalgúns distritos de Londres a porcentaxe de estudo de linguas estranxeiras sobe ao 75 % mentres que no norte de Inglaterra existen lugares onde esta cifra non chega ao 30 %.

    Fonte: TES

    16 de xuño de 2017

    O Parlamento de Australia aprobou un conxunto de medidas para obter a nacionalidade australiana. A partir de agora, as persoas que queiran ser nacionais de Australia deberán aprobar un exame de inglés.

    Fonte: SBS

    16 de xuño de 2017

    Unha nova partida orzamentaria do Goberno de Gales permitirá que máis escolares galeses poidan beneficiarse do programa de Orientación sobre Linguas Estranxeiras. Por medio deste proxecto, alumnos de grao de catro universidades galesas visitan escolas de ensino secundario para concienciar o alumnado da necesidade de aprender linguas modernas.

    Fonte: Daily Post

    16 de xuño de 2017

    Algúns dos nomes que figuran na sinalización viaria de Santiago de Compostela, por exemplo na N-550, non cumpren a lexislación que determina que os topónimos teñen como única forma oficial a galega.

    Fonte: Sermos Galiza

    16 de xuño de 2017

    A campaña, impulsada por EiTB e o Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco, denomínase 'Bihotzetik ezpainetara' e pretende promover o uso do éuscaro entre a poboación máis nova do País Vasco. Para acadar este obxectivo, a campaña céntrase na serie 'Go!azen', que se converteu nun auténtico fenómeno social.

    Fonte: euskadi.eus

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder