Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xullo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou os datos provisionais de novos centros plurilingües para o vindeiro curso 2017/18 con motivo dunha visita a unha estadía de inmersión lingüística en inglés en Culleredo. En concreto, un total de 81 centros terán por primeira vez o próximo curso plurilingüismo en Infantil. No caso de bacharelato, serán catro centros os que, tamén por primeira vez, apliquen este modelo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de xullo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na Casa da Matanza no acto de conmemoración do 132 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, no que destacou a importancia do legado literario, ético e emocional da precursora das nosas letras para o desenvolvemento de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xullo de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na homenaxe que a VIII Festa da Palabra lle rendeu a Carlos Casares na Insua dos Poetas, na localidade ourensá do Carballiño. A cita, xa consolidada na axenda cultura do verán en Galicia, recorda neste 2017 a figura do homenaxeado co Día das Letras Galegas, Carlos Casares.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xullo de 2017

    O Goberno australiano de Nova Gales do Sur está preparando a Lei das Linguas Aborixes 2017 que garantirá a protección e preservación dos idiomas nativos deste estado australiano e a creación dun centro para a súa aprendizaxe.

    Fonte: Daily Telegraph

    17 de xullo de 2017

    Un estudo realizado pola Universidade Nacional de Singapur revelou que as nenas e nenos que falan dúas linguas teñen moitas máis facilidades para aprender unha terceira.

    Fonte: Straits Times

    17 de xullo de 2017

    O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña presentou a súa memoria de actividades do ano 2016, na que salienta un crecemento do 5 por cento respecto á inscrición en cursos de lingua catalá no ano anterior.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de xullo de 2017

    Podemos reclamou que a lingua catalá sexa cooficial nas Cortes de Aragón. Deste xeito, defende a contratación de intérpretes desta lingua para poder usala nas sesións do Parlamento aragonés, sempre que así o desexe calquera dos deputados e deputadas.

    Fonte: ABC

    14 de xullo de 2017

    O partido albanés de Macedonia que forma goberno coa Unión Democrática e Social do primeiro ministro, Zoran Zaev, ameazou con romper os acordos gobernamentais se non se aproba unha lei que garanta os dereitos dos falantes de albanés na República de Macedonia.

    Fonte: Balkan Insight

    14 de xullo de 2017

    O metro de Londres empregará a partir de agora unha linguaxe sen marcas de xénero para dirixirse por igual a todo tipo de persoas co fin de reflectir a gran diversidade da capital británica.

    Fonte: The Irish Times

    14 de xullo de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación compostelá da campaña a prol dun consumo responsable e solidario impulsada polo Foro Enrique Peinador e pola Irgade coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder