Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xullo de 2017

    Un estudo elaborado pola Universidade de Kansas revela que a adquisición lingüística comeza durante a xestación xa que os fetos conseguen discernir certos elementos que diferencian as linguas, como, por exemplo, o ritmo.

    Fonte: The University of Kansas

    19 de xullo de 2017

    O endurecemento das medidas de acceso ao corpo de enfermaría do Servizo Nacional de Saúde do Reino Unido leva a situacións polémicas: por medio das normas actuais os profesionais da enfermaría da República de Irlanda teñen que pasar unha proba de competencia en lingua inglesa se queren exercer en Irlanda do Norte.

    Fonte: The Irish News

    19 de xullo de 2017

    O Tribunal Constitucional vén de publicar o contido definitivo das sentenzas sobre as leis de acollida, do Código de consumo, do cine e do audiovisual. Aínda que as resolucións recoñecen a constitucionalidade das leis, a directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, indicou que "unha vez máis, as sentenzas do Tribunal Constitucional debilitan a posición do catalán".

    19 de xullo de 2017

    O Servizo de Éuscaro do Concello de San Sebastián dedica uns 266 000 euros para axudar a aprender a lingua vasca no curso 2016-2017. Isto implica un aumento do 17,7 % en relación á cantidade destinada no anterior período.

    Fonte: El Diario Vasco

    18 de xullo de 2017

    A Duma da Federación Rusa propuxo a Armenia que adopte o ruso como lingua oficial con motivo da aprobación dunha lei que permitiría a condutores de países da Unión Euroasiática traballar en Rusia.

    Fonte: Media Max

    18 de xullo de 2017

    A Academia Americana de Artes e Ciencias e os Consellos Americanos para a Educación Internacional presentaron cadanseu relatorio sobre o estado da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Os estudos revelan que nos últimos anos se produciu un forte descenso en todos os niveis educativos.

    Fonte: The News Observer

    18 de xullo de 2017

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou a fase final de entrevistas ás persoas candidatas que concorren ás 10 prazas convocadas para a renovación de 10 dos 27 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de fóra de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de xullo de 2017

    Tras media década de traballos, a Casa da Matanza, casa museo de Rosalía de Castro, reabriu as súas portas coa estrea de espazos e novas perspectivas sobre a poeta.

    Fonte: Praza Pública

    i

    18 de xullo de 2017

    Xosé Antón González Riaño, Presidente da Academia da Lingua Asturiana, presentou unha proposta ao director da Radiotelevisión do Principado de Asturias, Antonio Virgili, para emitir un programa informativo en lingua asturiana, que incluiría a presentación, as novas e a información meteorolóxica e deportiva.

    Fonte: 20minutos

    18 de xullo de 2017

    A recuperación do Decreto de Mínimos polo Goberno das Illas Baleares permitiu que o 90% dos centros educativos restablecese a comisión de normalización lingüística para fomentar o uso do catalán nas aulas.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder