Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de maio de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Universidade de Vigo (UVigo), por medio da súa Área de Normalización Lingüística, recoñeceron un ano máis a calidade e a creatividade en galego do seu alumnado, a través dos Premios 2017 de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2017

    O Boletín Oficial de Navarra publicou a convocatoria de axudas para a utilización do éuscaro nos medios de comunicación que está dotada cun orzamento de 580 000 euros.

    Fonte: El Diario

    24 de maio de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na rolda de prensa de presentación do disco 40 anos máis, co que o grupo A Roda conmemora as súas catro décadas dunha carreira musical dedicada á recuperación e difusión da canción tradicional galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2017

    A Academia Valenciana da Lingua colaborou con este documento na corrección da toponimia en valenciano. O mapa inclúe ademais información pouco frecuente, como topónimos da xeografía mariña.

    Fonte: El Diario

    23 de maio de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto de homenaxe á pedagoga Antía Cal e ao empresario Valentín Paz-Andrade, no marco das accións que están a levar a cabo a Xunta de Galicia, o Foro Enrique Peinador, a Universidade de Vigo (UVigo) e o Concello.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2017

    Arredor de 12 000 persoas saíron ás rúas de Belfast, en Irlanda do Norte, para demandar unha lei que garanta a protección e promoción do gaélico irlandés.

    Fonte: Belfast Media Group

    23 de maio de 2017

    As autoridades sanitarias británicas considerarán a redución do nivel da proba de lingua inglesa dos exames de acceso ao corpo de enfermeiros do Reino Unido ante as queixas presentadas polos xestores dalgúns hospitais e a escaseza de persoal.

    Fonte: The Telegraph

    22 de maio de 2017

    Distintas voces do ámbito académico do Reino Unido mostraron a súa preocupación polas previsións de reducir un mínimo de 35 postos docentes de linguas modernas na Universidade de Manchester, a maior do país.

    Fonte: The Guardian

    22 de maio de 2017

    Uns 50 activistas da lingua galesa decidiron non pagar as licenzas televisivas para demandar que se transfiran as competencias de emisión ao País de Gales e poder así estender os servizos radiofónicos en galés.

    Fonte: Daily Post

    22 de maio de 2017

    O Concello de Huesca, a Comarca de la Hoya de Huesca e o Goberno de Aragón editaron arredor de 7000 exemplares deste folleto sobre o aragonés.

    Fonte: Diario de Alto Aragón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder