Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de maio de 2017

    Este premio, organizado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, busca fomentar a reflexión e a dinamización lingüísticas no ámbito universitario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de maio de 2017

    A Asociación PuntoGal e a empresa Dinahosting presentan o sitio web Velaquí, un servizo en galego que permite o intercambio gratuíto de arquivos en varios formatos de ata 2GB entre usuarias/os.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de maio de 2017

    Un estudo realizado por físicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e baseado en comprobacións matemáticas mostra que as redes sociais axudan á coexistencia das linguas. Estes investigadores analizaron, a través de modelos matemáticos, o efecto das relacións sociais sobre as dinámicas de poboacións, con especial atención á coexistencia de idiomas e ao feito de que os falantes están conectados mediante redes sociais de comunicación.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    18 de maio de 2017

    O proxecto de dinamización lingüística "O tren que me leva" segue os pasos de Carlos Casares para conmemorar as Letras Galegas 2017 da man de Renfe Viaxeiros, do Adif e da Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Fundación Carlos Casares, de Leite Noso (Deleite) e da Editorial Galaxia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2017

    O antigo presidente de Timor Leste, José Ramos-Horta, declarou nun congreso de educación que o país asiático debe traballar conxuntamente coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) para progresar coa implementación do portugués no ámbito educativo.

    Fonte: Diário de Notícias

    18 de maio de 2017

    Os ministros de Exteriores e Cultura de Portugal presentaron o programa da Feira do Libro de Madrid que este ano contará coa participación de vinte e nove autores de lingua portuguesa.

    Fonte: Diário de Notícias

    18 de maio de 2017

    O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu en Xinzo de Limia a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2017

    A actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’ do programa FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística programa en colaboración cos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, completará este mesmo sábado, 20 de maio, o seu percorrido por un total de 19 localidades.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na Praza Carlos Casares Mouriño de San Lázaro, no acto institucional organizado polo Concello de Santiago de Compostela con motivo do Día das Letras Galegas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2017

    Co gallo do Día das Letras Galegas, miles de persoas manifestáronse en Santiago de Compostela, convocadas pola plataforma Queremos Galego, para reclamar e defender o seu dereito a vivir en galego "sen restricións".

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder