O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) lanzou en Cabo Verde o novo Vocabulario Ortográfico Común que contén 310 mil palabras de toda a comunidade lusófona.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) lanzou en Cabo Verde o novo Vocabulario Ortográfico Común que contén 310 mil palabras de toda a comunidade lusófona.
Fonte: Diário de Notícias
O cantante portugués Salvador Sobral venceu o certame de Eurovisión cunha canción interpretada integramente en portugués. Trátase da primeira vez que o país luso gaña esta coñecida competición europea.
Fonte: Público
Un lingüista checo está a piques de rematar o seu proxecto de lingua eslava común que permitirá facilitar a comunicación entre falantes de diferentes idiomas eslavos.
Fonte: Total Croatia News
Un grupo de expertos lingüistas reúnese en América Central para avaliar a delicada situación dos seus idiomas nativos e para pór en común experiencias e iniciativas que permitan revitalizalos.
Fonte: Segundo enfoque
A competición StarGal, que este ano alcanza a súa segunda edición, está dirixida aos centros de ensino de Galicia e ten como obxectivo demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man.
Fonte: Praza Pública
Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Aragón deu a coñecer a listaxe de centros educativos que impartirán ensinanzas nas linguas da comunidade: aragonés e catalán.
Fonte: El Periódico de Aragón
O valor da palabra e da expresión creativa é o fío condutor de Libertas, o novo proxecto expositivo que ve a luz no programa Nortear para o intercambio cultural entre Portugal e Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O decreto que regula os usos institucionais e administrativos das linguas oficiais da Generalitat, o valenciano e o castelán, aprobouse para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: Levante-EMV
Un grupo de 149 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, e 11 profesores e profesoras de 12 dos 18 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León rematan a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas.
Subscríbase ao boletín