Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de maio de 2017

    A Fundación PuntuEUS, Code Sintax, a Federación de Ikastolas e Kontseilua presentaron a iniciativa "Tamén en Internet, a primeira palabra, en éuscaro" co obxectivo de animar os usuarios a que configuren os seus ordenadores e teléfonos nesta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de maio de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe a Carlos Casares que organizou o Concello de Ourense con motivo da celebración das Letras Galegas 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2017

    O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou nos actos de celebración organizados polo centro sociocomunitario de Coia co gallo do Día das Letras Galegas de 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2017

    O I Certame de música galega da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo fomentar a escritura de letras de cancións en galego e a creatividade por parte da mocidade universitaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de maio de 2017

    Isaac Xubín, Daniel Asorey e Xosé Monteagudo son os finalistas galegos da XXIII edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Non hai outro camiño (Editorial Xerais), Nordeste (Editorial Galaxia) e Todo canto fomos (Editorial Galaxia), respectivamente.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2017

    A semana das Letras Galegas comezou na Cidade da Cultura coa presentación da tradución ao inglés da obra Ilustrísima, de Carlos Casares, que acaba de ver a luz na colección Galician Classics.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2017

    O Centro Dramático Galego (CDG) celebra o Día das Letras Galegas no Salón Teatro de Santiago levando ás táboas a novela de Carlos Casares Os mortos daquel verán, nunha aproximación escénica que coproduce coa compañía Talía Teatro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2017

    O InformeCAT17 ten como obxectivo impulsar o uso social e a concienciación sobre a situación do catalán e a mellora do seu status legal.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    16 de maio de 2017

    O alumno da Facultade de Empresariais Mikel Irusta Zurikarai resultou gañador do primeiro premio polo seu proxecto en éuscaro polo que recibirá 1500 euros.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    16 de maio de 2017

    A artista Uxía Senlle, o académico e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron en Ponteceso os Premios Bos e Xenerosos 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder