Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de febreiro de 2017

    O obradoiro “Emocións e lingua”, que se enmarca no proxecto Apego, está dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos e consta de cinco sesións nas que se aprenderán a xestionar as emocións que xorden cando a convivencia entre linguas non é pacífica.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de febreiro de 2017

    Estes criterios, publicados polo Termcat, ofrecen unha serie de pautas acerca do xénero gramatical, a utilización de maiúsculas e minúsculas, a sinonimia etc.

    Fonte: Termcat

    16 de febreiro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acudiron á sede da Real Academia Galega (RAG) para presentar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización. Este traballo, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Seminario de Onomástica da RAG, será distribuído nos xulgados de paz e rexistros civís e estará a disposición do funcionariado na intranet da Dirección Xeral de Xustiza para facilitar a regularización dos apelidos patrimoniais galegos deturpados.

    16 de febreiro de 2017

    O alumnado de tres institutos de Ponteareas e o do centro Archbishop McHale College Tuam (Galway – Irlanda) participan no Proxecto Erasmus + “Linguas minorizadas, diversidade cultural e integración na Unión Europea do século XXI”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de febreiro de 2017

    O novo proxecto ‘Cantigas líricas galegas. Para canto e piano e pezas corais’ propón novas músicas para poesía escrita na lingua propia de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de febreiro de 2017

    O Ministerio de Educación do Xapón aprobou unha nova norma que obrigará a adiantar a introdución da aprendizaxe do inglés nas escolas públicas. A partir de 2020, o inglés comezará a ser ensinado no terceiro ano do ensino elemental.

    Fonte: PORTAL MIE

    15 de febreiro de 2017

    A empresa alemá Babbel, especializada na aprendizaxe de idiomas, elaborou un estudo en liña sobre a relación que existe entre a aprendizaxe de linguas e o éxito laboral. A maior parte das persoas que participaron no estudo defende a importancia de aprender idiomas para o crecemento profesional, factor que pode influír positivamente na suba dos salarios.

    Fonte: RFI

    15 de febreiro de 2017

    O obxecto desta convocatoria da Deputación de Pontevedra é a creación ou o mantemento de servizos de normalización lingüística, así como a posta en marcha de programas de dinamización da lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    15 de febreiro de 2017

    Un total de 1790 estudantes da comarca de Avilés estuda lingua asturiana, o que supón un 22% do total, unha porcentaxe catro puntos inferior á media de Asturias, que supera lixeiramente o 26%.

    Fonte: El Comercio

    15 de febreiro de 2017

    A 3ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza renderalles tributo do 19 ao 25 de febreiro na cidade portuguesa de Braga a Rosalía de Castro e a Zeca Alfonso, de cuxo nacemento e pasamento se fan 180 e 30 anos, respectivamente.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder