Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de maio de 2017

    Membros do lectorado de galego desta universidade alemá presentaron a aplicación 'O Ximnasio dos Verbos' no marco dun proxecto docente que ten como finalidade axudar a que o alumnado aprenda os verbos (semi)irregulares do galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de maio de 2017

    A curta está inspirada na serie británica Black Mirror e ten como finalidade denunciar os obstáculos para falar galego na vida diaria. Esta iniciativa enmárcase na campaña desta organización destinada a conseguir máis de 10 000 sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular que garanta os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de maio de 2017

    Ao proxecto "Merkataritzan eta ostalaritzan ere euskaraz", impulsado polo Concello de San Sebastián, uníronse máis de 1000 comercios que deberán colocar un distintivo no exterior e terán que contar con, polo menos, a metade do cadro de persoal que saiba falar en éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    09 de maio de 2017

    O Departamento de Cultura convoca axudas para fomentar o emprego do catalán, o occitano e a lingua de signos catalá, unhas axudas que se incrementaron no número de liñas así como na dotación total e nos conceptos subvencionables.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de maio de 2017

    Un grupo de ministros israelís aprobou o borrador dunha polémica lei que pretende rebaixar o status actual do árabe como segunda lingua oficial no país.

    Fonte: Clarín

    08 de maio de 2017

    O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, declarou nunha conferencia celebrada en Italia que o inglés está a perder peso no conxunto das linguas da Unión Europea pola decisión do Reino Unido de abandonar o grupo de 28 estados.

    Fonte: BBC

    08 de maio de 2017

    O obxectivo destes premios é fomentar a investigación entre o alumnado de bacharelato sobre temas relacionados coa lingua e a literatura catalás, así como espertar vocacións para o estudo da filoloxía catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de maio de 2017

    O Diplocat publicou un informe (en castelán, inglés, alemán e francés) que contén unha listaxe de 45 casos de persecución da lingua catalá en España.

    Fonte: El Nacional

    08 de maio de 2017

    No marco do proxecto Apego, o Goberno local organiza unha serie de actividades para impulsar o uso do galego entre os máis cativos.

    Fonte: La Opinión

    08 de maio de 2017

    Esta iniciativa, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización da Lingua, ten como obxectivo contribuír a visibilizar e reivindicar o emprego do galego en todos os ámbitos.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder