Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de maio de 2017

    O Goberno de Aragón renovou o seu convenio coa Generalitat para fomentar o ensino do catalán en centros de ensino públicos das comarcas orientais que limitan con Cataluña.

    Fonte: ABC

    02 de maio de 2017

    O suahili, con 100 millóns de falantes, é, despois do árabe, o segundo idioma máis falado en África. A pesar diso, moitos servizos tecnolóxicos, como o recoñecemento automático da fala, non están dispoñibles nesta lingua.

    Fonte: Global Voices

    02 de maio de 2017

    O uso de tres idiomas oficiais (serbio, croata e bosníaco) percíbese como unha forma de incentivar o nacionalismo por parte dun grupo de intelectuais que asinaron un manifesto no que afirman que falan “unha lingua común”.

    Fonte: El Telégrafo

    02 de maio de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das xornadas do II Abril Oteriano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de maio de 2017

    Das máis de 7000 linguas que se falan no mundo, arredor de 2500 encóntranse en perigo e non sobrevivirán á era dixital. É o que se coñece como "morte dixital dos idiomas".

    Fonte: BBC

    02 de maio de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras no Gaiás co espectáculo ‘Cantos de poeta’ de Gelria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de abril de 2017

    O presidente do consello permanente do Consello das Comunidades Portuguesas (CCP), Flávio Martins, criticou en Lisboa que a política de ensino da lingua portuguesa no estranxeiro está máis centrada nas comunidades de estados de lingua oficial portuguesa que nas necesidades dos emigrantes portugueses doutros países.

    Fonte: Açoriano Oriental

    28 de abril de 2017

    Un grupo de alumnas de Enxeñería de Telecomunicación creou unha aplicación que converte o dispositivo móbil nun intérprete bidireccional que transforma os xestos en palabras e viceversa.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de abril de 2017

    Tan só un 30 % do diñeiro que o Goberno de Gales destina ao desenvolvemento dos centros de ensino no País de Gales vai destinado a escolas onde a lingua de instrución é o galés.

    Fonte: Wales Online

    28 de abril de 2017

    O Ministerio de Educación de Luxemburgo anunciou que a partir do próximo outono comezará a impartirse nunha escola internacional o primeiro curso de formación profesional en lingua inglesa.

    Fonte: Luxemburger Wort

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder