Este estudo, realizado pola Universidade de Zaragoza, conclúe que o sistema educativo supón un perigo para a supervivencia do aragonés polas limitacións que lle impón a esta lingua.
Fonte: Aragón Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Este estudo, realizado pola Universidade de Zaragoza, conclúe que o sistema educativo supón un perigo para a supervivencia do aragonés polas limitacións que lle impón a esta lingua.
Fonte: Aragón Digital
Desde o Parlamento instan o Goberno catalán a pactar co sector cinematográfico que a metade dos filmes distribuídos e exhibidos en Cataluña se dobren e proxecten en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
A Biblioteca da Escola de Enxeñería de Telecomunicación organiza a II edición do Microconcurso que nesta ocasión está dedicado á poesía e no que poden participar todos os membros da comunidade universitaria.
Fonte: Universidade de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no auditorio do IES Politécnico de Vigo nos actos organizados pola Coordenação de Ensino Português no Estrangeiro em Espanha e Andorra co apoio do Instituto Camões da Cooperação e da Língua para celebrar o “Día da lingua portuguesa e da cultura da CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa)”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, un ensaio do caricaturista e humorista gráfico Siro López, o primeiro que analiza a creación do humorismo nesta obra fundamental da novela moderna.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parta da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana na comarca do Salnés.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un grupo de empresarios e expertos en turismo do norte de Gales defendeu que o uso do galés pode traer consigo beneficios económicos. O Goberno do País de Gales acaba de anunciar medidas para promocionar o uso da lingua galesa nas pequenas empresas.
Fonte: Daily Post
O concurso #Fotolingua ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais que utilizan a lingua galega. Desenvólvese a través do Facebook e de Instagram, onde a cidadanía poderá publicar imaxes destes comercios nas que se vexa o emprego que fan do galego.
Este informe mostra que o número de libros publicados en galego descendeu un 13%, ao pasar dos 1394 títulos de 2015 aos 1211 de 2016. Así mesmo, minguou a cifra de obras traducidas a esta lingua nun 15,6%.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O volume Vocabulari de noms de persona, que foi presentado na Feira do Libro, conta con 3000 entradas de nomes valencianos coa súa equivalencia en castelán.
Fonte: El Día
Subscríbase ao boletín