Entre as novas medidas de fomento do occitano figura a dedución fiscal en 2018 das doazóns feitas en 2017 para actividades de promoción desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Entre as novas medidas de fomento do occitano figura a dedución fiscal en 2018 das doazóns feitas en 2017 para actividades de promoción desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Este orzamento estará destinado a proxectos de fomento e consolidación do uso do éuscaro en ámbitos non formais, especialmente os que se levan a cabo no tempo de lecer.
Fonte: Deia
A Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer os seus tradicionais premios, que na categoría de obras en galego recaeron en Eva Veiga en Poesía, polo seu poemario Soño e Vértice, e Isaac Xubín en narrativa por Non hai outro camiño.
Fonte: Cuturagalega.org
A creación desta Academia da Lingua ten como obxectivo que se converta no organismo de regulación lingüística para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o aragonés e o catalán.
Fonte: Finanzas
A nova edición do Certame de Microrrelatos Feiraco-Letras Galegas 2017 convida a toda a cidadanía a festexar o 17 de maio por sexto ano consecutivo. Impulsada pola cooperativa láctea galega que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco das súas accións de responsabilidade social corporativa, a iniciativa busca renderlle tributo desde o ámbito da empresa ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, e facer partícipe da celebración a todos os galegos e galegas.
O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts desenvolveu a aplicación "WaitSuite" que permite aproveitar os tempos mortos de espera para aprender linguas estranxeiras. A ferramenta permite, por exemplo, facer pequenos exercicios de vocabulario dunha lingua mentres esperamos a que nos respondan a unha mensaxe.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Contos de Mesopotania de Ánxel Fole.
Fonte: O Portal da Lingüística
A pesar das moitas iniciativas de expertos e educadores, o número de escolas de ensino secundario e superior do estado australiano de Queensland que ofrecen indonesio como materia de estudo caeu substancialmente nos últimos anos. No caso das universidades, o ensino da lingua indonesia rexistrou unha dimunición de entre o 60 e o 70 por cento.
Fonte: The Jakarta Post
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no compostelán Pazo de Raxoi, onde se atopa a sede do Consello da Cultura Galega (CCG), os XIX Encontros para a Normalización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Instituto Camões e a Embaixada de Portugal en Dili organizan a Semana da Lingua Portuguesa en Timor Leste co obxectivo de salientar a importancia do portugués no mundo. O programa de actividades inclúe, entre outras iniciativas, un concerto de canto alentexano e unha mostra documental de países lusófonos.
Fonte: Notícias ao Minuto
Subscríbase ao boletín