Os líderes dos tribunais de xustiza de Suráfrica aprobaron unha resolución para converter o inglés na única lingua oficial da xustiza en detrimento do afrikaans.
Fonte: Sunday Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os líderes dos tribunais de xustiza de Suráfrica aprobaron unha resolución para converter o inglés na única lingua oficial da xustiza en detrimento do afrikaans.
Fonte: Sunday Times
A asociación Midas, que integra unha trintena de diarios publicados en linguas minoritarias europeas, celebra na capital catalá a súa asemblea anual.
Fonte: Regió7
O Goberno do estado indio de Kerala aproba unha resolución que obriga a ensinar o idioma malabar nas escolas de todo o estado.
Fonte: DNA India
O ministro de Educación do Brasil, Mendonça Filho, viaxou aos Estados Unidos para iniciar as negociacións que garantan a difusión da lingua portuguesa no ensino.
Estes estudantes entregaron arredor de 2000 sinaturas para solicitar unha moratoria na proba de lingua galega da nova selectividade, a ABAU.
Fonte: Galicia Hoxe
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo web da Asociación Galega de Áridos-ARIGAL.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A palabra ‘furancho’ non figura no dicionario da Real Academia Galega, nin na súa versión escrita ni na electrónica, unha situación que podería cambiar se se acepta a petición para que se recoñeza oficialmente este termo.
Fonte: Faro de Vigo
Do 27 ao 29 de abril celébrase a sexta edición do Galegote Rock, un programa de concertos organizado polo Concello de Pontevedra que ten como obxectivo promover os grupos musicais que cantan en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Voluntariado pola Lingua propiciou durante o 2016 a creación dun total de 10 018 parellas lingüísticas, un número semellante ao ano anterior. Dende o seu nacemento en 2003, este programa superou as 110 000 parellas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo os datos do Concello de Bilbao, en 30 anos multiplicouse por catro o número de euscaldúns na cidade e o 51,2% da poboación sabe éuscaro.
Fonte: Deia
Subscríbase ao boletín