Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de abril de 2017

    O Ministerio de Educación de Italia e a Academia da Crusca organizaron a sétima edición das Olimpíadas de Italiano que contaron este ano cunha alta participación. Arredor de 1200 escolas e 57 mil estudantes de toda Italia participaron no evento.

    Fonte: Corriere della Sera

    20 de abril de 2017

    O Goberno navarro modificará os sinais de todos os municipios de Navarra para que recollan a súa denominación en bilingüe (castelán e éuscaro), mesmo os da zona non vascófona.

    Fonte: Navarra.com

    20 de abril de 2017

    O concello de Mondoñedo acolleu a presentación da nova edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega e pola Consellería de Cultura e Educación que este ano reunirá no municipio lucense alumnos e alumnas dos conservatorios profesionais de música de toda Galicia para cantar os poetas locais.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de abril de 2017

    O Goberno da República de Irlanda quere fortalecer a aprendizaxe e o ensino das linguas estranxeiras na educación secundaria. Para conseguir este obxectivo, incrementarase a presenza de linguas modernas no ensino como o chinés e outras relacionadas coa orixe dos estudantes como o polaco, o portugués ou o lituano.

    Fonte: Breaking News

    19 de abril de 2017

    O presidente da India, Narendra Modi, aceptou unha serie de recomendacións para reducir o dominio da lingua inglesa na política do país e expandir a presenza e uso do hindi como principal lingua institucional.

    Fonte: Quartz

    19 de abril de 2017

    A iniciativa audiovisual Next Station Club impulsa unha convocatoria para seleccionar proxectos realizados en éuscaro co obxectivo de crear unha webserie producida integramente nesta lingua.

    Fonte: Deia

    19 de abril de 2017

    O Goberno de Navarra e Euskarabidea organizaron para o vindeiro xoves 27 de abril unha xornada titulada 'Deporte y euskera, reflexiones y desafíos'.

    Fonte: Navarra Información

    19 de abril de 2017

    Esta nova edición do Correlingua, que terá como lema ‘En galego, sen cancelas’, comezará o vindeiro 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará o 16 na Estrada.

    Fonte: Sermos Galiza

    18 de abril de 2017

    A obra do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, xa está dispoñible en trescentas linguas. A última delas é o hasanía, dialecto árabe falado no suroeste de Alxeria, Sáhara Occidental e Mauritania.

    Fonte: franceinfo

    18 de abril de 2017

    O Café Bar Derby de Santiago, un dos lugares frecuentados por Ramón María del Valle-Inclán durante a súa estadía en Compostela, acolleu a presentación de Martes de Carnaval, a produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 20, ás 21.00 horas, na súa sede do compostelán Salón Teatro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder