Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de abril de 2017

    Esanbaki é un xogo gratuíto dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos que lles axudará a memorizar de forma sinxela vocabulario e gramática básica en éuscaro.

    Fonte: SPRI

    27 de abril de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque o profesorado e o alumnado integrante do grupo de teatro do colexio Rosalía de Castro de Moscova.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de abril de 2017

    A Cidade da Cultura será este ano a meta da Carreira Camiño das Letras, promovida por Xurdir coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. A literatura e a lingua galegas únense nesta iniciativa á práctica deportiva e mais á ruta xacobea para celebrar o 17 de maio, que a Real Academia Galega lle dedica este ano ao escritor Carlos Casares.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de abril de 2017

    A IV edición da Feira da Educación de Ribeira conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto inaugural participou o seu titular, Valentín García Gómez.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de abril de 2017

    A distribuidora de cinema infantil Pack Màgic incorporou á súa colección de DVD novos títulos en catalán dirixidos a nenos de 2 a 12 anos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de abril de 2017

    Zineuskadi traducirá ao éuscaro as películas de animación "ORM no Reino das Neves", "Sopa de Pedras", "O reino das ras", "Richard e a cegoña" e "Lobos".

    Fonte: Diario Vasco

    26 de abril de 2017

    "Os mundos de Carlos Casares", a exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017 na honra deste autor, bota a andar no centro municipal José Ángel Valente, en Ourense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de abril de 2017

    Un estudo realizado pola Universidade de Sydney revelou que o alumnado británico de máis de sete anos que domina máis dunha lingua rexistra mellores resultados académicos en matemáticas e lectura que o que só ten o inglés como lingua materna.

    Fonte: INews

    26 de abril de 2017

    A Asemblea da República portuguesa aprobou, co apoio de todos os grupos parlamentarios, unha resolución para o reforzo da lingua de signos e a creación dun grupo propio de contratación de docentes.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    25 de abril de 2017

    A multinacional Google ampliará o seu soporte lingüístico a nove novas linguas da India entre as que se encontran o canarés, o guxaratí, o panxabi e o malabar.

    Fonte: The Hindu Business Line

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder