Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2017

    Oviedo acolleu unha manifestación, con gallo do Día das Letras Asturianas, convocada pola Xunta pola Defensa da Lingua na que se pedía a oficialidade do asturiano.

    Fonte: El Comercio

    05 de maio de 2017

    "Mingaina dantzan" é unha experiencia piloto, posta en marcha polo Goberno vasco, que se desenvolverá durante o verán nunhas colonias dirixidas á xente nova e que ten como obxectivo avaliar as metodoloxías de fomento do uso do éuscaro neste colectivo.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    05 de maio de 2017

    O condado galés de Gwent, no sur do País de Gales, non conta con suficiente profesorado para facer fronte á crecente demanda de clases de lingua galesa para adultos.

    Fonte: South Wales Argus

    05 de maio de 2017

    O presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, defendeu que o país asiático debe investir máis esforzos na adopción dunha política que promocione claramente a lingua portuguesa, sobre todo no ámbito educativo.

    Fonte: Diário de Notícias

    04 de maio de 2017

    O programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nas comarcas do Condado, de Noia e do Barbanza a través da nova proposta musical ‘Tic Tac Toc’ que chega da man do músico coruñés Pablo Díaz.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de maio de 2017

    A VI edición do Festival Arte pola Igualdade celebrouse no coruñés Teatro Colón para renderlle tributo a Carlos Casares no marco da programación institucional das Letras Galegas 2017 impulsada desde a Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de maio de 2017

    Un estudo elaborado por investigadores das universidades de Lancaster e Estocolmo revelou que as persoas que falan dúas linguas poden ter unha noción moi variada do tempo xa que as linguas abordan a temporalidade de xeito diferente.

    Fonte: Independent

    04 de maio de 2017

    O Instituto Camões anunciou que 49 estados de todo o mundo celebrarán este ano o Día da Lingua Portuguesa con iniciativas culturais como coloquios, conferencias e encontros literarios co fin de pór en valor o portugués como lingua de prestixio internacional.

    Fonte: Diário de Notícias

    04 de maio de 2017

    A Consellería de Política Social convocou axudas para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas á mocidade nas cales se inclúe, entre as áreas de atención prioritaria, a dinamización da lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de maio de 2017

    Podemos Asturies rexistrou unha proposición non de lei para que o Goberno rexional cree, dentro das súas competencias, a especialidade de lingua asturiana en educación primaria e de lingua asturiana e literatura en secundaria.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder