As 43 localidades navarras que solicitaron abandonar a zona non vascófona onde as inclúe a lei do éuscaro queren integrase na zona mixta, para o que se terá que modificar a devandita lei.
Fonte: EiTB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As 43 localidades navarras que solicitaron abandonar a zona non vascófona onde as inclúe a lei do éuscaro queren integrase na zona mixta, para o que se terá que modificar a devandita lei.
Fonte: EiTB
O IES Carlos Casares de Vigo recibiu de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, o premio Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 na modalidade de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas Especiais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro de Fomento sinalou que o seu departamento está a traballar coas comunidades autónomas con linguas cooficiais para actualizar a toponimia da web do Instituto Xeográfico Nacional e dos buscadores derivados.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Goberno de Aragón aprobou o novo plan de estudos para o Bacharelato que inclúe a incorporación da materia de lingua aragonesa para o alumnado do norte da rexión.
Fonte: ABC
O Bloque Nacionalista Galego puxo en marcha unha campaña que ten como lema 'Aos prexuízos bótalles a lingua' para animar a xente nova a ser o motor da recuperación do idioma.
Fonte: Galicia Hoxe
Esta nova iniciativa ten como obxectivo incidir nos hábitos lingüísticos e a activación social para promover a utilización do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O vídeo musical “Vou para a cama” forma parte dun conxunto de recursos creados no marco do proxecto Apego para a socialización da infancia en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A profesora grega Vasiliki Baskos creou un sitio web onde ofrece un método innovador de aprender grego moderno. Máis de 160 persoas de todo o mundo desenvolveron os seus coñecementos de grego por medio desta páxina.
Fonte: Tornos News
O Goberno do estado australiano de Vitoria aprobou unha partida orzamentaria de 21,8 millóns de dólares para promocionar os servizos de tradución e interpretación e facer fronte así ás necesidades das comunidades locais.
Fonte: Neos Cosmos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou no Parlamento o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2017-2020 como a principal acción que o seu departamento ten previsto desenvolver no futuro máis próximo para fomentar o uso da lingua propia de Galicia entre os máis novos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín