Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de maio de 2017

    Un equipo formado por especialistas da Universidade de Santiago de Compostela, da empresa Imaxin∣Software e da Universidade do País Vasco creou un mapa mediante computación que mide as distancias entre 44 linguas europeas.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de maio de 2017

    O Concello de Vitoria realizará unha convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do uso do éuscaro durante o curso 2017-2018.

    Fonte: La Vanguardia

    22 de maio de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse a Cataluña para participar nos actos de celebración das Letras Galegas naquela comunidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de maio de 2017

    A convocatoria de subvencións para a promoción do uso do valenciano conta cunha partida de 6 millóns de euros e está dirixida a medios de comunicación; concellos, mancomunidades e entidades locais; asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e ao sector editorial.

    Fonte: 20minutos

    22 de maio de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de maio de 2017

    Henrique Pinto, alumno de Estudos Interculturais da Universidade do Miño, representará a Portugal no Chinese Bridge, o maior concurso mundial de lingua chinesa.

    Fonte: Braga TV

    19 de maio de 2017

    O Senado de Paquistán aprobou unha proposta de lei para que o panxabi, o pashto, o baluchi e o sindi sexan linguas nacionais do país xunto ao urdú.

    Fonte: Hindustan Times

    19 de maio de 2017

    O estudo Aldahitz Ikerketa.Eusle metodologia esperientzien emaitzak 2013-2016 mostra os resultados das experiencias baseadas na metodoloxía Eusle en diferentes entidades públicas e privadas, que indican unha notable melloría no uso cotián do éuscaro.

    Fonte: Naiz

    19 de maio de 2017

    Este curso, organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua e a cultura galegas. Conta con dous niveis de formación, un elemental (A1-A2) e un intermedio (B1-B2).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de maio de 2017

    O Parlamento debateu sobre o tratamento do éuscaro nas convocatorias de emprego público do Goberno vasco.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder