Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de decembro de 2015

    O Consello de Ministros italiano deu o visto e prace á transferencia da competencia que garantirá que Sardeña poida administrar desde a illa os fondos destinados á promoción das linguas sarda e catalá nas escolas.

    Fonte: L'Unione Sarda

    16 de decembro de 2015

    A radio pública autonómica emitirá en asturiano os encontros Real Oviedo-Almería e Sporting B-Burgos.

    Fonte: El Comercio

    16 de decembro de 2015

    O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou na Cidade da Cultura de Galicia a nova programación de actividades e os recursos para celebrar estas festas en galego dentro da cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de decembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Romaría de historias, de Xosé Neira Vilas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de decembro de 2015

    Membros do condado de Gwynedd, no norte de Gales, rexeitaron a construción de 366 vivendas polo impacto negativo que podería ter na lingua galesa.

    Fonte: BBC

    16 de decembro de 2015

    Snapdeal, a maior plataforma de vendas en liña da India, lanzou unha versión da súa interface para móbiles en hindi e telugú. A partir de xaneiro, incorporaranse outras 9 linguas oficiais do país asiático.

    Fonte: The Economic Times

    15 de decembro de 2015

    A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés organiza a vixésimo segunda edición do Certame Gráfico pola Normalización Lingüística cuxo tema é este ano “O galego regresa ao futuro. Outros 100 anos pola lingua”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    15 de decembro de 2015

    Esta aplicación está baseada na obra Maria Goikoak batbirulau! e ten como obxectivo fomentar a lectura en éuscaro entre os máis pequenos.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    15 de decembro de 2015

    Varios partidos políticos rexistraron no arquipélago balear unha proposición de lei para que a lingua catalá sexa un requisito no acceso á función pública.

    Fonte: La Vanguardia

    15 de decembro de 2015

    Destas 195 queixas arredor da metade foi por problemas para utilizar o galego nas Administracións públicas.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder