China quere ofrecer servizos legais en inglés en todo o país para os estranxeiros que decidan establecer negocios ou investir no país.
Fonte: RTP
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
China quere ofrecer servizos legais en inglés en todo o país para os estranxeiros que decidan establecer negocios ou investir no país.
Fonte: RTP
O presidente da República portuguesa lémbralle a Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU, a importancia de promover o portugués como lingua oficial da organización.
Fonte: Público
Ao longo do presente ano 2015 levouse a cabo a iniciativa '¡En éuscaro máis bonito!' nos salóns de peiteado dos catro municipios da comarca de Oarsoaldea.
Fonte: Diario Vasco
A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega “Terras do Umia” organiza o IV Concurso de cancións en galego “Son do Umia” dirixido aos centros educativos dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas que integran esta coordinadora.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta unha nova edición do seu espazo web con materiais e recursos didácticos en galego relacionados co Nadal dirixido á comunidade educativa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Federación de Asociacións de Pais de Alumnos de Cataluña puxo en marcha a campaña 'I tu, jugues en català' que pretende impulsar o uso do catalán no xogo e os xoguetes.
Fonte: La Vanguardia
O Termcat lanza un novo portal web con terminoloxía xurídica no marco do programa “En catalán, tamén é de lei”.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Academia Canaria da Lingua recompilou no volume Dudas más frecuentes sobre el español de Canarias as cuestións máis frecuentes e interesantes sobre a variedade de español que se fala no arquipélago.
Fonte: Gobierno de Canarias
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á Xuntanza de Forxadores da Fundación Paco Lareo – A Solaina de Piloño.
Fonte: Xunta de Galicia
Javier Gómez Vila e María del Mar Neira González recibiron o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares pola obra A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín