Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de decembro de 2015

    A oferta televisiva en catalán aumenta no arquipélago balear coa volta das emisións das canles da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais Super 3, Canal 33 e 03/24.

    Fonte: Última Hora

    18 de decembro de 2015

    As empresas gañadoras da edición deste ano do Premio Manuel Beiras foron Sacaúntos Cooperativa Gráfica, a libraría de mulleres Lila de Lilith e Imaxin Software.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    18 de decembro de 2015

    A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística emitiu un comunicado para informar da súa renuncia ao Premio da Cultura polo seu labor a prol do galego.

    Fonte: Culturagalega.org

    18 de decembro de 2015

    O catálogo de Nadal da rede de empresas Abertos ao Galego compila unha selección de servizos e produtos en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de decembro de 2015

    O Mosteiro de San Salvador acolleu a cuarta xuntanza ordinaria anual do Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, que presidiu o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, titular da RDL.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de decembro de 2015

    A familia de irmáns máis coñecida entre os cativos galegos, Os Bolechas, presentou en Santiago a súa xira de Nadal 2015, coa que levarán a súa festa entrañable por varias localidades da Rede de Dinamización Lingüística. Esta xira, de balde para os asistentes, conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Televisión de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de decembro de 2015

    A Fundación ONCE presentou as edicións en catalán, éuscaro, galego e inglés dos libros da colección Biblioteca Infantil, protagonizada por nenos con discapacidade.

    Fonte: Te Interesa

    17 de decembro de 2015

    Kontseilua solicitoulle ao Goberno de Navarra a modificación a Lei do éuscaro en colaboración co movemento social desta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    17 de decembro de 2015

    Dúas investigadoras do Instituto da Lingua Galega (ILG), unha filóloga e unha matemática, presentaron unha investigación na que analizan as intuicións dos non lingüistas con respecto á variación diatópica da lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    17 de decembro de 2015

    Por primeira vez na historia, o Canadá creou unha fonte tipográfica que unificará non só o francés e o inglés senón tamén as linguas nativas.

    Fonte: Quartz

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder