Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de decembro de 2015

    Co fin de atender a crecente demanda de ensino en galés, a vila de Tenby, de forte tradición anglófona, abrirá a súa primeira escola primaria de inmersión nesta lingua.

    Fonte: Wales Online

    22 de decembro de 2015

    Segundo os datos do último censo realizado nos EUA, entre 2010 e 2014, a lingua estranxeira que máis medra é o árabe, con 252 000 falantes máis respecto a análises anteriores.

    Fonte: The Express Tribune

    22 de decembro de 2015

    Loreak, a película rodada integramente en éuscaro, non optará finalmente aos premios Óscar ao non pasar o primeiro filtro da Academia de Cine de Hollywood.

    Fonte: El Diario

    22 de decembro de 2015

    Este novo espazo web foi creado polo Centro de Documentación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat e nel poden atoparse referencias de libros, documentos electrónicos, artigos de revistas etc.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de decembro de 2015

    El día más corto [ED+C] incorpora por vez primeira á súa programación curtametraxes en galego, catalán e vasco, o que constitúe unha das principais novidades da terceira edición desta iniciativa.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de decembro de 2015

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Rede de Dinamización Lingüística veñen de confeccionar unha ferramenta informática para que pais, nais e servizos de normalización dos concellos poidan axudar os Reis Magos a elaboraren, dun xeito doado, unha carta para responder en galego ás peticións que reciben dos máis cativos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de decembro de 2015

    O novo presidente da Asemblea de Córsega, Jean-Guy Talamoni, empregou a lingua vernácula no acto de investidura do novo goberno rexional, feito que orixinou o rexeitamento por parte da clase política francesa.

    Fonte: Jornalet

    21 de decembro de 2015

    Os historiadores Bernardo Mota, Henrique Leitão e Telo Ferreira Canhão recibiron o premio de Tradución Científica e Técnica en Lingua Portuguesa pola tradución de obras científicas ou técnicas ao portugués.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    21 de decembro de 2015

    O concerto celebrarase no salón de actos do colexio Jovellanos e con el preténdese acercar a lingua asturiana ao público infantil a través da música.

    Fonte: La Nueva España

    21 de decembro de 2015

    O estudo conclúe que o feito de compartir un idioma cos hispanoamericanos xerou importantes ganancias para as empresas españolas.

    Fonte: El Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder