Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de marzo de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a Ramón María Aller Ulloa como “precursor do uso do galego no eido científico” durante a presentación da obra Astronomía a ollo ceibe, editada agora en lingua galega con motivo do 50 aniversario do pasamento do científico lalinense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de marzo de 2016

    O comité científico do proxecto Hitzargiak, iniciativa que ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística, seleccionou, polo momento, cinco boas prácticas galegas: Modelo Burela, Club de Debate, Apego, Agasallo e Gústame o galego.

    Fonte: CTNL

    29 de marzo de 2016

    Esta anulación súmase a outras realizadas anteriormente en diferentes concellos asturianos y débese á ausencia de competencias por parte destes para declarar a cooficialidade do asturiano xunto co castelán.

    Fonte: Asturies.com

    29 de marzo de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe polo centenario do nacemento do médico, escritor, galeguista e humanista Manuel Reimóndez Portela no cemiterio parroquial de San Miguel do Castro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de marzo de 2016

    A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia foi a encargada da elaboración deste vocabulario de termos en valenciano relativos ás festas de Pascua.

    Fonte: El Periodic

    29 de marzo de 2016

    O Equipo Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca o VI Festival CinEOI Coruña Curtas que ten como finalidade fomentar a creatividade audiovisual en galego.

    Fonte: EOI da Coruña

    28 de marzo de 2016

    A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) anunciou que destinará unha partida orzamentaria a iniciativas que fomenten e garantan o uso e a transmisión da lingua occitana. Entre as accións saliéntanse o apoio ás escolas de inmersión en occitano e a creación dun premio en materia de política lingüística.

    Fonte: Jornalet

    28 de marzo de 2016

    O censo poboacional realizado polo Instituto Nacional de Estatística de Angola en 2014 revelou que case 6 millóns de angolanos falan unha lingua nacional na casa. O portugués é falado por pouco máis do 70 % da poboación, sobre todo nas zonas urbanas.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    24 de marzo de 2016

    Grazas ao labor da organización catalá Plataforma per la Llengua, os usuarios que configuren o seu navegador en catalán poderán ver a toponimia de Occitania en lingua occitana.

    Fonte: Nationalia

    24 de marzo de 2016

    Unha escola infantil da localidade sueca de Älvdalen ensinará en elfdaliano, unha antiga lingua escandinava falada por aproximadamente 2500 persoas.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder