Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de decembro de 2015

    O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, defendeu a necesidade de mudar o modelo de aprendizaxe de galés nas escolas anglófonas e de que esta lingua forme parte do día a día de todo o alumnado.

    Fonte: South Wales Argus

    24 de decembro de 2015

    O Consello Federal de Suíza publicou o sexto informe sobre a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias que analiza o desenvolvemento da política lingüística no país helvético.

    Fonte: Confederazione Svizzera

    24 de decembro de 2015

    Euskalit e o Goberno vasco galardoan a Autoridade Portuaria de Bilbao co Bikain de prata pola súa contribución á divulgación do éuscaro.

    Fonte: DEIA

    24 de decembro de 2015

    En xaneiro, trataranse as modificacións da Lei de normalización lingüística e a Lei de función pública para o fomento do uso do catalán.

    Fonte: 20Minutos

    24 de decembro de 2015

    Este dicionario contén máis de 5100 denominacións catalás acompañadas dos nomes científicos correspondentes, ademais de equivalencias en varias linguas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de decembro de 2015

    O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) emitirá audios radiofónicos en linguas indíxenas destinados a persoas emigrantes de Guatemala co fin de reducir os seus factores de risco e vulnerabilidade. A iniciativa conta co apoio do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas en México (INALI) e da Federación Guatemalteca de Escolas Radiofónicas (FGER).

    Fonte: Comité Internacional de la Cruz Roja

    24 de decembro de 2015

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, considera que a promoción da lingua e a cultura portuguesas deben ser unha das prioridades da política externa do novo executivo.

    Fonte: Observador

    24 de decembro de 2015

    A obra De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo, da que son autores Alfonso Mato e Santiago Lamas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2015

    Un curtocircuíto parece ser a causa do incendio que destruíu dous andares do Museo da Lingua Portuguesa en São Paulo. Un bombeiro perdeu a vida no incidente.

    Fonte: Diário de Notícias

    23 de decembro de 2015

    A biblioteca dixital europea Europeana busca conseguir unha maior presenza do galego para que sexa posible facer buscas nesta lingua no repositorio.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder