Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de decembro de 2015

    O Goberno chinés estandarizará a lingua de signos e o braille que se utilizan no país ao longo dos vindeiros cinco anos, debido ás diferenzas rexionais e culturais dentro do territorio.

    Fonte: Spanish Peopledaily

    31 de decembro de 2015

    O Goberno de Navarra subvenciona con 131 000 euros a 18 centros que imparten a ensinanza do éuscaro a adultos.

    Fonte: Navarra

    31 de decembro de 2015

    Manuel Valls dixo nunha entrevista que en Francia "só existe unha nación" e mostrouse contrario á cooficialidade do corso en Francia, onde, explicou, "soamente hai unha lingua oficial, o francés".

    Fonte: La Vangurdia

    31 de decembro de 2015

    Un estudo realizado pola Universidade McGill e o Instituto Neurolóxico de Montreal demostrou que a exposición a unha lingua durante os primeiros meses de vida senta as bases para aprender despois novos idiomas.

    Fonte: La Vanguardia

    31 de decembro de 2015

    O programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’, que chega nestas datas á súa cuarta edición promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, convida a toda a cidadanía a celebrar as festas de Nadal en galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de decembro de 2015

    A nova Lei do patrimonio cultural inclúe dúas novidades significativas respecto da vixente: a regulación nun título específico do patrimonio inmaterial, cun tratamento diferenciado para a lingua galega e a toponimia; e a inclusión de novas perspectivas de protección patrimoniais non desenvoltas con anterioridade, tales como o patrimonio subacuático, o industrial e o científico e técnico.

    30 de decembro de 2015

    Os cambios nesta lei afectarán á denominación do catalán e o aragonés, que xa non se chamarán Lapao e Lapapyp, como acordara o anterior Goberno de Aragón.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    30 de decembro de 2015

    Tal e como anunciou o pasado mes de abril que faría no derradeiro trimestre do ano, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou ao Parlamento de Galicia o documento consensuado do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de decembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á actividade de dinamización lingüística 'Cantos contos de Nadal', que está a chegar da man do coñecido músico Pablo Díaz a 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística no marco do programa 'Nadal en Rede'.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de decembro de 2015

    No Concello de Redondela desenvólvense actividades de carácter lúdico e didáctico para dinamizar o galego ao longo das semanas festivas de Nadal.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder