A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública no DOG a orde pola que se anunciaba a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización lingüística de colexios e institutos de Galicia, públicos nos dous casos, para o curso escolar 2015/16. O prazo para se presentaren as solicitudes é dun mes contado a partir da publicación da orde.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’ rematou logo destas dúas semanas de festas nas que tres actividades estiveron en xira por toda Galicia co obxectivo de celebrarmos en galego o tempo de Nadal.
Fonte: Xunta de Galicia
A partir do 29 de xaneiro Betanzos Radio levará a cabo un curso interxeracional de radio para promover a lingua galega e crear un punto de encontro entre persoas de diferentes idades.
Fonte: Betanzos
Refuxiado, cun total de 417 votos, foi a palabra máis destacada do ano 2015.
Fonte: Portal das Palabras
Durante o ano 2016 máis de 300 funcionarios poderán mellorar a súa capacitación lingüística en valenciano a través de cursos formativos que impartirá a Generalitat.
Fonte: La Verdad
Reivindícase que o sistema de lectoescritura braille, nexo de unión de millóns de persoas, se converta nun idioma.
Fonte: Europa Press
A Euskal Telebista (ETB) obtén o seu peor dato de audiencia en 2015 ao converterse na décimo cuarta opción televisiva dos cidadáns en Euskadi.
Fonte: El diario
O conselleiro de Educación e Cultura de Asturias forza a creación dunha comisión de traballo para redactar un decreto autonómico que recoñeza a especialidade docente de Lingua Asturiana e Literatura.
Fonte: La Nueva España
Centos de persoas concentráronse na principal mesquita de Winnipeg para solicitar que o árabe se inclúa no currículo das escolas públicas da provincia canadense de Manitoba.
Fonte: CBC News
O estudo El Árabe y el bereber en España: política lingüística y trasfondo cultural realizado polo doutor da Universidade Autónoma de Madrid, Mohamed El-Madkouri Maataoui, explica as dificultades do proceso de normalización do árabe e o bérber en España.
Fonte: El Faro
Boletín
Subscríbase ao boletín
