Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de abril de 2016

    Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, mantiveron unha reunión cos concellos de Ponteceso e de Celanova, así como con representantes das fundacións Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez, co obxectivo de planificar a creación dun itinerario cultural do Rexurdimento, nos municipios vinculados cos tres autores.

    07 de abril de 2016

    O certame, convocado por Afundación, a Consellería de Cultura e Educación e o Centro PEN de Galicia, premiará con 6000 € o mellor libro de poemas escrito en lingua galega.

    Fonte: El Ideal Gallego

    07 de abril de 2016

    A orde da Generalitat obrigaba os vixilantes de seguridade privada a levar a súa placa identificativa só en catalán. O Tribunal Supremo confirma así a nulidade que xa establecera unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de abril de 2016

    Por primeira vez nos seus 25 anos de historia, a Festa da Escola Pública Vasca celebrarase en Hendaia e terá como obxectivo promover o ensino público en éuscaro no País Vasco francés.

    Fonte: El Correo

    06 de abril de 2016

    Unha organización cultural a prol da lingua irlandesa quere levar o Goberno de Irlanda do Norte aos tribunais pola súa ineficacia á hora de promover e protexer o gaélico irlandés.

    Fonte: Irish Examiner

    06 de abril de 2016

    A rede sanitaria vasca ofrecerá a posibilidade de elixir o éuscaro como idioma preferente nos próximos meses e será bilingüe nun prazo de cinco ou dez anos.

    Fonte: El Diario Vasco

    06 de abril de 2016

    Renóvase o convenio de colaboración entre a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, e o Concello de Bilbao para fomentar o uso do éuscaro e velar pola súa calidade.

    Fonte: Deia

    06 de abril de 2016

    A tradución foi realizada de forma voluntaria e desinteresada polo equipo galego de tradución de Gnome e achega novidades especialmente relevantes.

    Fonte: Código Cero

    06 de abril de 2016

    O experto belga, especialista europeo en linguas, está interesado en coñecer os programas de formación, dinamización e proxección exterior da lingua galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de abril de 2016

    O Departamento de Cultura acaba de abrir o prazo para que as entidades soliciten axudas para proxectos que impulsen a utilización do catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder