Por segundo ano consecutivo, a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda desenvolve o programa Silledagasalla para fomentar o uso do galego no ámbito do comercio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Por segundo ano consecutivo, a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda desenvolve o programa Silledagasalla para fomentar o uso do galego no ámbito do comercio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Athletic Club, Real Sociedad, Eibar, Alavés, Dominion Bilbao Basket, Retabet Gipuzkoa Basket, Laboral Kutxa Baskonia e o surfista Axi Muniain ofrecerán nos seus campus de Nadal cursos de éuscaro especializados en deporte.
Fonte: Gobierno Vasco
Para o presidente da Cámara Baixa do Parlamento ruso, Serguéi Narishkin, a política que se leva a cabo nalgúns países en relación coa lingua rusa viola normas fundamentais xurídicas e morais.
Fonte: Sputnik
Para o ano 2016 a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) subvencionará a creación de obras audiovisuais en versión orixinal en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Intelectuais e responsables políticos pediron en Rabat maior protección para o árabe clásico e desenvolvemento do seu papel como lingua da ciencia e do saber.
Fonte: El Diario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da versión galega de As Aventuras de Alicia no País das Marabillas, de Xavier Queipo.
Fonte: Xunta de Galicia
Alemaña incrementará a contratación de profesorado para reforzar o ensino da lingua alemá a refuxiados en idade escolar.
Fonte: Sputnik News
Unha axencia designada polo goberno de Corea do Sur limitará o uso de cancións e palabras en linguas estranxeiras nos anuncios que se emitan na televisión.
Fonte: The Korea Herald
Grazas a unha convocatoria de axudas da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura incrementarase a presenza do catalán en plataformas de vídeo e televisión.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As escolas infantís de Pamplona valorarán as preferencias sociolingüísticas das familias usuarias, de maneira que permitan deseñar iniciativas a medida.
Fonte: Diario de Navarra
Subscríbase ao boletín