Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xaneiro de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de xaneiro de 2016

    O Goberno de Dilma Rousseff veta un proxecto de lei que avogaba polo uso das linguas indíxenas en todas as etapas educativas.

    Fonte: Pravda

    13 de xaneiro de 2016

    O Goberno do Perú recoñeceu os alfabetos de 31 linguas indíxenas que se poderán comezar a empregar na Administración pública.

    Fonte: El País

    12 de xaneiro de 2016

    Un total de 129 colectivos apoia a reapertura de RTVV e a reciprocidade con IB3 e TV3 para crear un espazo audiovisual común.

    Fonte: El Periódico

    12 de xaneiro de 2016

    A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte de Valencia incrementa en 97 750 euros os galardóns destinados aos "llibrets" de Fallas editados en valenciano.

    Fonte: Levante

    12 de xaneiro de 2016

    O boletín dixital dedicado á lingua catalá InfoMigjorn introducirá a partir deste ano 2016 múltiples novidades da man da asociación Xarxa de Mots que se vai ocupar desta publicación.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de xaneiro de 2016

    A Xunta de Galicia porá á disposición de toda a cidadanía o acceso gratuíto a Digalego.xunta.gal, un completo dicionario en liña de lingua galega que, con máis de 65 000 entradas, é unha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego.

    Fonte: Portal da Lingua Galega

    12 de xaneiro de 2016

    O continuo descenso do número de estudantes de idiomas modernos no ensino público do Reino Unido levou o British Council a lanzar unha campaña sobre a importancia de aprender linguas estranxeiras.

    Fonte: BBC

    11 de xaneiro de 2016

    O anteproxecto da nova constitución de Alxeria incluirá o recoñecemento oficial do bérber ou tamazight e a creación dunha Academia Alxeriana da Lingua Bérber.

    Fonte: Jornalet

    11 de xaneiro de 2016

    O futuro modelo lingüístico busca mellorar o coñecemento do valenciano e do inglés así como diminuír as diferenzas entre a oferta da rede pública e a concertada.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder