A Comisión de Seguimento de Validacións de Certificacións aconsella no seu informe orientar a revisión dos exames acreditativos e avaliar, principalmente, a capacidade comunicativa.
Fonte: El Mundo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Comisión de Seguimento de Validacións de Certificacións aconsella no seu informe orientar a revisión dos exames acreditativos e avaliar, principalmente, a capacidade comunicativa.
Fonte: El Mundo
Segundo un estudo sobre os hábitos de lectura e compra de libros en Cataluña, case o 90 % dos lectores le ocasionalmente títulos en catalán, pero só é a lingua máis habitual para un cuarto destes.
Fonte: El Periódico
O estudo 'Cine europeo en lenguas de naciones sin estado y pequeñas naciones' analiza os casos galego, finés e galés e constata a invisibilidade á que os somete o sistema de distribución e exhibición e tamén a falla de atención política.
Fonte: Galicia Confidencia
As axudas á investigación en lingua galega do ano 2016 van destinadas a teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado.
Fonte: Universidade da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) veñen de convocar cinco novos cursos de formación en galego dirixidos a reforzar a capacitación lingüística do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A nova lei a prol da lingua maorí aprobada polo Parlamento de Nova Zelandia crea o organismo Te Matawai co obxectivo de liderar o proceso de recuperación da lingua.
Fonte: Natonalia
Un equipo de lingüistas leva sete anos publicando a sección "Palabra do Día" no dicionario en liña da lingua portuguesa Priberam.
Fonte: SapoTek
O proxecto, posto en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do Departamento de Cultura de Mallorca, busca dinamizar o uso da lingua catalá entre os concellos.
Fonte: La Vanguardia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a figura de Manuel María -a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas- porque, máis aló da súa calidade literaria e da súa prolífica obra poética, “foi un home comprometido coa cultura, coa sociedade e co idioma dun xeito absoluto”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As empresas contratadas polo Concello de Valencia deberán cumprir, entre outras, unha cláusula lingüística pola que se comprometen a realizar en valenciano as súas comunicacións externas e co Consistorio.
Fonte: El Periodic
Subscríbase ao boletín